O colectivo Novo Socialismo Galego anima a asinar o seu manifesto: "O que suceda dependerá de nós. Da nosa capacidade de rexeneración"
Fálase
Beiras intervén por unha "cuestión de orde" no pleno do Parlamento e explícalle á presidenta que empregar o termo "estúpido" nun debate parlamentario "non constitúe un improperio nin un insulto, senón un epíteto" que "ten o mesmo étimo que estupefacto". O voceiro de AGE, que reclamaba que se "poida falar con liberdade" tras un apercibimento ao deputado David Fernández, foi chamado á orde por Pilar Rojo "por non sentar" cando llo indicou.
El Diario recompila os datos sobre violencia machista "que demostran que Toni Cantó mente" ao afirmar que a maioría das denuncias son falsas.
En Italia as primeiras proxeccións con escrutinio real contradín as sondaxes a pé de urna. Berlusconi tería unha lixeira vantaxe no Senado (31%) sobre o centroesquerda (29%) e o Movemento 5 Estrelas obtería un resultado mellor do agardado (25%). Estes resultados farían moi difícil a gobernabilidade.
As sondaxes a pé de urna en Italia danlle a vitoria ao centroesquerda de Bersani (34-38%), seguido de Berlusconi (28-32%) e Beppe Grillo (19-21%). Monti fica por debaixo do 10%.
Xosé Luís Méndez Ferrín vén de presentar a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega. Este luns o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, denunciou nunha entrevista en La Voz de Galicia un intento de "colonización" da institución por parte do ILG e do Consello da Cultura. E a Mesa pediu "explicacións" por supostas "presións" para que a RAG "non presentase o recurso en defensa do galego no ensino". Máis información, nuns minutos en Praza.
O deputado de UPyD Toni Cantó afirma en twitter que "a maior parte das denuncias por violencia de xénero son falsas". O comentario provocou xa centos de reaccións nas redes sociais.
Catro concellos galegos reclaman no Supremo que a Igrexa pague o IBI. Amoeiro e Coles, gobernados polo PSOE, e A Peroxa e Vilamarín, do PP, únense así ás reclamacións que xa fixeran varios municipios con alcaldías do BNG.
Un grupo de PAS, PDI e estudantes comezou ás once da mañá un peche de 24 horas na Facultade de Filosofía da USC para protestar contra os recortes na universidade pública
PAS da USC concéntranse ás portas do Parlamento no comezo do debate dos Orzamentos. Este martes colectivos sociais de todo tipo protestarán contra os recortes nos fondos destinados a ensino, sanidade, benestar e outros servizos públicos.