Beiras intervén por unha "cuestión de orde" no pleno do Parlamento e explícalle á presidenta que empregar o termo "estúpido" nun debate parlamentario "non constitúe un improperio nin un insulto, senón un epíteto" que "ten o mesmo étimo que estupefacto". O voceiro de AGE, que reclamaba que se "poida falar con liberdade" tras un apercibimento ao deputado David Fernández, foi chamado á orde por Pilar Rojo "por non sentar" cando llo indicou.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/512b81b5a838b-beirasdendeoescano.png)