A prensa italiana salienta a ingobernabilidade do país despois das eleccións de onte
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/512c563482e22-captura.jpg)
A prensa italiana salienta a ingobernabilidade do país despois das eleccións de onte
As doazóns presentes nos papeles de Bárcenas coinciden nas datas con grandes adxudicacións de contratos públicos decididas polo PP. A lei electoral prohíbe que empresas que contraten coa Administración acheguen cartos aos partidos políticos. Entre todas as construtoras que aparecen na lista de Bárcenas recibiron máis de 6.600 millóns de euros en contratos públicos durante eses anos
Toda a oposición, agás o Grupo Mixto, presenta conxuntamente un recurso de inconstitucionalidade pola non actualización das pensións. Máis de 140 deputados pidenlle ao Constitucional que obrigue o Goberno a compensar a inflación
O resultado electoral en Italia dispara a prima de risco española 40 puntos até superar a cota dos 400 e a italiana sobe até os 330
As eleccións italianas deixan un escenario complexo para a gobernabilidade. O centroesquerda de Bersani foi o máis votado (30%) cunha lixeira vantaxe sobre Berlusconi (28%) e Beppo Grillo (25%) e dominará o Congreso con maioría absoluta, grazas a un sistema electoral que favorece a conformación de maiorías. Porén, o PDL de Berlusconi ten máis senadores (123) que Bersani (104) e ambos terán que buscar o apoio de Monti (17) ou Grillo (57)
Xosé Antonio Touriñán anuncia o final de Tourilandia, programa humorístico de éxito na TVG. "Deciden que ata aquí chegou a nosa viaxe", asegura na súa conta de Twitter. O programa emitirase por última vez este martes.
O programa Disimulen, que dirixe Iago Martínez en Cuac FM, repasa esta tarde o primeiro ano de Praza Pública. Podedes escoitalo dende esta ligazón.
O xuíz prohíbelle a Luis Bárcenas, ex tesoureiro do PP, saír de territorio español por risco de fuga. Recólleo El Diario.
O colectivo Novo Socialismo Galego anima a asinar o seu manifesto: "O que suceda dependerá de nós. Da nosa capacidade de rexeneración"
Beiras intervén por unha "cuestión de orde" no pleno do Parlamento e explícalle á presidenta que empregar o termo "estúpido" nun debate parlamentario "non constitúe un improperio nin un insulto, senón un epíteto" que "ten o mesmo étimo que estupefacto". O voceiro de AGE, que reclamaba que se "poida falar con liberdade" tras un apercibimento ao deputado David Fernández, foi chamado á orde por Pilar Rojo "por non sentar" cando llo indicou.