Julio Flores, portavoz do goberno municipal da Coruña e imputado por un posible delito de suborno, descarta dimitir e asegura que Negreira lle pediu que manteña "a cabeza fría"
Fálase
El Periódico completa a enquisa de intención de voto publicada onte. Asegura que CDC e UDC obterían máis escanos por separado que presentándose en coalición. CDC mantería a representación de CiU e UDC acadaría 6-7 escanos, con moitos votos procedentes de PP e PSC.
O CSIC usa unha práctica ilegal para evitar facer fixos centos de traballadores. O organismo público fíxolles asinar aos seus traballadores un documento para eludir responsabilidades ante posibles demandas xudiciais.
José Antonio Pérez Tapias, candidato á Secretaría Xeral do PSOE, participará este xoves en senllos actos de apoio e recollida de avais nas sedes do partido en Ferrol e A Coruña
Absoltas todas as persoas incausadas no caso da presunta retirada de multas en Lugo por nulidade das actuacións. Entre as persoas incausadas estaban políticos de PSdeG e PP. O caso foi instruído pola xuíza Estela San José. Máis información, hoxe en Praza
Willy Meyer dimite como eurodeputado da Esquerda Plural tras transcender que participou nun fondo de pensións privado xestionado por unha sicav. En El Diario
Falece a escritora e académica Ana María Matute. Perfil en El Diario.
O xuíz do caso Nóos mantén a imputación da Infanta Cristina por branqueo de capitais e delito fiscal. Considera que debe ser xulgada xunto con Iñaki Urdangarin e o resto de imputados na suposta trama de corrupción. Fiscal e Defensa recorrerán a decisión.
Dimite Javier Rodríguez-Losada, director xeral do grupo Sargadelos, en pleno proceso concursal. Fora designado en abril para liderar o plan de viabilidade.
El Diario entrevista Belén Barreiro, que presidíu o CIS e é directora de Myword e do Laboratorio da Fundación Alternativas. Destaca que “o xiro á esquerda pode non ter marcha atrás”