Galicia suma 8.439 parados máis no último mes, alcanzando unha cifra récord de 267.812 desempregados, segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego.
Fálase
O paro sobe en outubro en 128.242 persoas e deixa o número total de desempregados inscritos nas oficinas do SEPE en 4.833.521, récord histórico.
A xornalista británica Caroline Criado-Perez lanza unha web chamada The Women’s Room para elaborar listas de mulleres expertas en distintas materias e asi potenciar a súa presenza nos medios. Hoxe en dia as mulleres son o 79% das vitimas nos medios pero só unha cuarta para das voces expertas.
Gmail supera por primeira vez a Hotmail en número de visitas, culminando un ascenso de oito anos. O servidor de correo de Google tivo 287,9 millóns de visitas en outubro.
O PSOE lanza este luns a súa proposta contra os desafiuzamentos. Presentará en 20 roldas de prensa en toda España a proposición de lei que defendeu o pasado 25 de octubre no Congreso para "parar dunha vez por todas" estas actuacións. Laura Seara farao en Ourense.
300 expertos de 56 paises debaten a partir de hoxe en Vigo o futuro das políticas contra o cambio climático
Na Terceira galega o Racing de Ferrol gañou e segue como lider destacado (27 puntos), seguido de Celta B (23) e Somozas, As Pontes e Alondras (19)
Celta B 1-0 Barbadás
Somozas 0-3 Deportivo B
Racing Vilalbés 1-3 Dorneda
Céltiga 0-2 As Pontes
Negreira 0-3 Compostela
Pontevedra 1-1 Bergantiños
Narón 1-1 Ordes
Cerceda 0-1 Racing de Ferrol
Alondras 2-0 Vilalonga
Rápido de Bouzas 1-1 BetanzosEn hockey o Coinasa Liceo golea o Shum 9-3 e segue como lider.
O Lugo derrota 1-0 o Elxe, lider da Segunda División. Na 2ªB vitoria do Ourense 2-1 ante o Alcalá e derrota do Coruxo 1-0 ante o Guijuelo.
Na xornada do baloncesto galego, ademais da derrota do Obradoiro ante o Zaragoza, na Adecco Ouro o Leyma Coruña mantense de lider ao derrotar ao Regal Barcelona 93 - 56. Pola contra, o Breogán perdeu 76-65 ante o Lleida e o COB Ourense caeu ante o Andorra 63 - 84 e segue sen coñecer a vitoria.