Varias incidencias en Galicia durante as primeiras horas do temporal Ana, que será peor durante a tarde.
Fálase
- PublicidadePublicidade
A Aemet eleva o nivel de alerta a vermello en varias zonas de Galicia: Rías Baixas, Miño, interior da provincia de Pontevedra e na montaña de Ourense e Lugo, con refachos de vento que poden alcanzar os 140 km/h. A Xunta pide "extremar as precaucións"
- PublicidadePublicidade
A maioría soberanista afástase mentres Ciudadanos, ERC e JxCAT dispútanse a vitoria nas eleccións catalás, segundo unha enquisa para La Vanguardia.
- PublicidadePublicidade
Cadea humana en Pontevedra para reclamar o peche inmediato de Elnosa. Unhas 300 persoas acudiron á chamada da Asociación pola Defensa da Ría (APDR)
- PublicidadePublicidade
O tren Vigo-Barcelona é tres horas máis rápido vía Madrid que directo. O ferrocarril polo norte tarda 14 horas fronte ás álgo máis de 10 con transbordo ao AVE. Cóntao Faro de Vigo.
- PublicidadePublicidade
Alerta laranxa en Galicia este domingo polo temporal Ana. Agárdanse ventos de 120 km/h e fortes chuvias, sobre todo pola tarde, xa se suspenderon numerosas actividades ao aire libre.
- PublicidadePublicidade
Os institutos Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo, xa non teñen escudos franquistas. A Xunta retira a simboloxía que estaba a incumprir a Lei de Memoria Histórica.
- PublicidadePublicidade
Un dos 12 rapeiros do grupo La Insurgencia (cinco deles vigueses) condenados a dous anos de cárcere por un delicto de enaltecemento do terrorismo fai un chamamento ao mundo do hip-hop e á sociedade en xeral para que denuncien o seu caso.
- PublicidadePublicidade
Milagros Otero nega nunha entrevista concedida a Europa Press ser "a Valedora do PP". Dende a súa designación, vén recibindo críticas das forzas da oposición e de entidades sociais, por exemplo pola súa actuación en relación coas persoas sen fogar ou polo seu tratamento a gobernos municipais de esquerda.
- PublicidadePublicidade
Juncker e May acadan un primeiro acordo sobre o Brexit. Pactan que europeos/as no Reino Unido e británicos/as na UE manteñan os seus dereitos, que non haxa unha fronteira "dura" con Irlanda e que Londres pague os compromisos financeiros adquiridos
- PublicidadePublicidade