VÍDEO | António Guterres comeza a exercer como secretario xeral da ONU e realiza un chamado á paz na súa primeira mensaxe oficial. Guterres mantivo unha fluída relación con Galicia durante a súa etapa como primeiro ministro portugués.
Fálase
Rajoy promete o remate do AVE Madrid-Galicia "á maior brevidade" tras prometer en campaña facelo en 2018 malia ser imposible. Afírmao nunha entrevista concedida a Faro de Vigo
Unha vila de Madrid rexistra o primeiro asasinato machista do ano no Estado.
Praza non se actualizará este 1 de xaneiro por descanso da redacción. Feliz Aninovo!
As forzas da oposición critican a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta. En Marea amosa a súa "decepción" e cualifica a Núñez Feijoo de "presidente politicamente débil, sobre todo en relación a Madrid, e incapaz de cumprir coa súa palabra". O PSdeG bota en falta no discurso referencias ás "desigualdades sociais". Dende o BNG critícase un discurso "autocompracente no que os problemas semellan non ter causa política ningunha"
Pikara debulla algúns dos contidos máis machistas que se puideron ver e ler nos medios españois ao longo do último ano
La Marea repasa as numerosas noticias falsas publicadas polos medios de comunicación españois neste 2016, un ano no que termos coma postverdade ou alburgada gañaron notoriedade
A Comisión Aberta en Defensa do Común iniciará unha campaña de pegada de carteis na Coruña para esixir que tanto os terreos da Solana coma as parcelas que Defensa ten no Campo da Estrada sexan devoltas ao Concello de maneira gratuita.
As pensións sufrirán en 2017 a maior perda de poder adquisitivo en 5 anos. Subirán un 0,25%, fronte a un incremento do IPC do 1,5%; o Goberno vetou a tramitación da suba do 1,2% aprobada polo Congreso. O Executivo baralla un aumento do 1% do salario dos empregados públicos, o que tamén lles suporía perda de poder adquisitivo.
Case catro de cada dez mulleres asasinadas por violencia machista este ano denunciaran o seu agresor. As expertas sinalan puntos negros do sistema como un déficit de formación, sistemas de valoración do risco pouco eficaces ou falta de medios.