As pensións sufrirán en 2017 a maior perda de poder adquisitivo en 5 anos. Subirán un 0,25%, fronte a un incremento do IPC do 1,5%; o Goberno vetou a tramitación da suba do 1,2% aprobada polo Congreso. O Executivo baralla un aumento do 1% do salario dos empregados públicos, o que tamén lles suporía perda de poder adquisitivo.
Fálase
Case catro de cada dez mulleres asasinadas por violencia machista este ano denunciaran o seu agresor. As expertas sinalan puntos negros do sistema como un déficit de formación, sistemas de valoración do risco pouco eficaces ou falta de medios.
A Xunta frea a constitución da Área Metropolitana de Vigo vinte e catro horas despois da primeira xuntanza do seu órgano de goberno O Goberno galego denega a súa inscrición no Rexistro de Entidades Locais despois que os alcaldes do PP optasen por boicoteala. Detállao Faro de Vigo.
O Consello de Ministros aproba o recorte de 5.493 millóns de euros nos orzamentos do Estado na liña do esixido pola Comisión Europea.
Feijóo reitera que a denuncia polos atrasos nos tratamentos de Hepatite C é "indigna". Afírmao nunha entrevista con Europa Press que a axencia publica na súa web e na que engade que esta demanda, impulsada por médicos e afectados e asumida pola Fiscalía, responde a un intento de "politizar a sanidade".
A Xunta publica a asignación dos 1,6 millóns de euros de axudas a empresas editoras de medios de comunicación, distribuídas entre 17 compañías. Detalla tamén os 200.000 euros de achegas a publicacións periódicas en galego a unha vintena de empresas.