O Caderno da Crítica de Ramón Nicolás publica o balance anual do Taboleiro do libro galego, realizado cos datos achegados por librarías de todo o país. O último día de Terranova (Manuel Rivas), Os elefantes de Sokúrov (Antón Riveiro Coello) e Amor é unha palabra coma outra calquera (Francisco Castro) encabezan a lista de novelas máis destacadas. O deserto (María do Cebreiro) en poesía, Historia das historias de Galicia (Isidro Dubert) en ensaio, Europa Express (Andrea Maceiras) en xuvenil, Esmeraldina, a pequena defunta (Ledicia Costas), Canta o cuco (Uxía e Magín Blanco) en libro-cd e O bichero VI (Davila) en banda deseñada súmanse ao cadro de honor.