O Consello de Ministros aproba o recorte de 5.493 millóns de euros nos orzamentos do Estado na liña do esixido pola Comisión Europea.

O Consello de Ministros aproba o recorte de 5.493 millóns de euros nos orzamentos do Estado na liña do esixido pola Comisión Europea.
Feijóo reitera que a denuncia polos atrasos nos tratamentos de Hepatite C é "indigna". Afírmao nunha entrevista con Europa Press que a axencia publica na súa web e na que engade que esta demanda, impulsada por médicos e afectados e asumida pola Fiscalía, responde a un intento de "politizar a sanidade".
A Xunta publica a asignación dos 1,6 millóns de euros de axudas a empresas editoras de medios de comunicación, distribuídas entre 17 compañías. Detalla tamén os 200.000 euros de achegas a publicacións periódicas en galego a unha vintena de empresas.
As grandes empresas seguen despedindo milleiros de traballadores e traballadoras no terceiro ano de "recuperación económica". Nos primeiros dez meses de 2016 19.875 empregados e empregadas foron despedidas en ERE en toda España, sobre todo en bancos, teleoperadoras e comercio téxtil
Oito alcaldes e alcaldesas de PSOE, Marea e BNG, que representan o 83% da veciñanza, celebran a primeira xuntanza da área metropolitana de Vigo e disolven a mancomunidade. Chaman ao PP a incorporarse á unidade. A Área implantará o seu propio plan de transporte público, ampliando liñas e frecuencias.
Estados Unidos expulsa 35 espías rusos e sanciona nove entidades polos supostos hackeos realizados durante a campaña electoral para prexudicar a campaña de Clinton. Obama atribúe "ás máis altas instancias" do goberno de Moscova o roubo de datos e as filtracións. Trump convocará os serizos secretos para avaliar o caso.
O Caderno da Crítica de Ramón Nicolás publica o balance anual do Taboleiro do libro galego, realizado cos datos achegados por librarías de todo o país. O último día de Terranova (Manuel Rivas), Os elefantes de Sokúrov (Antón Riveiro Coello) e Amor é unha palabra coma outra calquera (Francisco Castro) encabezan a lista de novelas máis destacadas. O deserto (María do Cebreiro) en poesía, Historia das historias de Galicia (Isidro Dubert) en ensaio, Europa Express (Andrea Maceiras) en xuvenil, Esmeraldina, a pequena defunta (Ledicia Costas), Canta o cuco (Uxía e Magín Blanco) en libro-cd e O bichero VI (Davila) en banda deseñada súmanse ao cadro de honor.
A primeira representación teatral de Valle Inclán en galego xa ten data: o 3 de marzo no Principal de Santiago da man de Producións Excéntricas, como avanzou Praza.gal. Tras a estrea desa xornada a obra representarase os días 4 e 5 e do 9 ao 11 do mesmo mes. Despois será representada no Teatro Colón da Coruña os días 17 e 18. As entradas para as funcións compostelás e máis para a coruñesa xa están á venda.
Louzán reitera que non cometeu o suborno polo que será xulgado, di ser vítima dun "escarnio" e pregúntase se no seu caso se procura a "xustiza" ou "axustizalo". Afirmouno en rolda de prensa tras saír á luz a apertura de xuízo oral. Recólleo Galiciaé
ÚLTIMA HORA | Aparece aforcado en Lestedo (Boqueixón) o presunto asasino da moza acoitelada en Santiago pola súa ex-parella. A Policía estaba a buscalo dende a agresión. Recólleo Europa Press na súa web.