A Mesa pola Normalización gaña o premio Ramón Piñeiro Facer País, que outorga unha quincena de asociacións culturais de Sarria, Láncara e o Corgo.
Fálase
Esquerda Unida acusa a Xunta e o Ministerio do Interior de "condescendencia" coa violencia da extrema dereita en Galicia, logo de que un militante da organización, activista LGTBI, fose agredido en Compostela esta fin de semana.
Balears vive hoxe a primeira xornada de folga indefinida de docentes contra o decreto que reduce a presenza do catalán nas aulas. As centrais sindicais cifran o seguimento no 90% e o Govern insular déixao por baixo do 30%. Cóntao Diario de Mallorca.
Antoni Domènech, Daniel Raventós e G. Buster analizan en Sin Permiso a evolución do proceso soberanista catalán. Critican que "o suposto nacionalismo duns e outros é neboa" e salientan que "o que está en xogo é o réxime de 1978, cuxo elo crítico más débil é agora o formidable auxe popular do independentismo en Cataluña". Conclúen que "ogallá os verdadeiros independentistas e a esquerda democrática favorable á autodeterminación sexan capaces de ver claro nesa néboa".
A aldea de Carnota que vén alertando do "acoso" dos incendiarios sufriu esta noite un incendio despois de evitar dous o pasado sábado. (foto: @Carnotan)
Unha foto satélite dá conta da destrución provocada polo incendio no monte Pindo. A imaxe foi difundida pola asociación Monte Pindo Parque Natural.
Polonia vive protestas sociais contra os recortes, e a recentemente aprobada reforma laboral.
O 15 de setembro de 2008 quebrou Lehman Brothers, dando inicio á actual crise económica. Cinco Días analiza a situación actual do sistema financeiro.
Sanidade lanza un programa para enviar pacientes ás súas casas e controlalos telematicamente, para así reducir custes
Rajoy incumpriu a lexislación cando exerceu de rexistrador en Santa Pola, publica infoLibre, ao non residir en Alacante e si en Galicia.