O xeito queda excluído da prohibición ao uso das redes de deriva e gaña a súa primeira batalla na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo.
Fálase
O Día do Científico Galego, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), pasará a ser o Día da Ciencia en Galicia para darlle un carácter máis aberto á conmemoración. A RAGC entrega esta tarde os Premios de Investigación Ernesto Viéitez
Galicia supera por primeira vez a media estatal en uso de ordenador e Internet entre os 16 e os 44 anos, segundo os datos do informe La Sociedad de la Información en España 2014. Ademais, é líder en webs de empresa e tamén en Administración electrónica
#oGalegonaONU A ELEN relata ante a ONU a discriminación do galego no país e no Estado. Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización, é o encargado de presentar o informe sobre a precaria situación da lingua propia ante as Nacións Unidas. Toda a información, esta tarde en Praza. Foto de @irmandadetv.
O PP aproba esta mañá en solitario no Congreso a introdución da cadea perpetua no Código Penal. Está a contalo El País
Luís García Soto, profesor da USC, gaña o premio Ramón Piñeiro de ensaio co estudo Barthes filósofo
O Goberno francés paraliza a construción do macroencoro de Sivens, preto de Toulouse, un proxecto contra o que numerosas entidades levan anos mobilizándose. Nunha destas protestas, o pasado mes de outubro, faleceu un manifestante de 21 anos
#UPRONU O Estado xustifica a súa actuación en Ceuta e Melilla polos "constantes, violentos e masivos" intentos de entrada de inmigrantes en territorio español. O representante do Goberno enfróntase ao segundo exame sobre a situación dos dereitos humanos en España.
A LFP denuncia o Deportivo da Coruña e o CD Lugo por "cánticos que incitan a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia" nos partidos da pasada fin de semana en Riazor e no Ángel Carro. Entre os cánticos denunciados figuran, segundo a Liga "Tu vigués puto portugués", na Coruña, e "manos arriba, esto es un atraco" ou "payaso", entre outros, en Lugo.
#UPRONU A Mesa disponse xa a participar na ONU na presentación do relatorio da Rede Europea pola Igualdade Lingüística, que aborda a precaria situación do galego. A sesión pódese seguir ao vivo nesta ligazón (imaxe: @francescfelipe)