Sogama adxudícalle a un despacho de avogados un servizo de "prevención de imputacións delitivas". Vén de facelo a través dun procedemento negociado sen publicidade por 50.000 euros máis IVE. Aquí, algúns detalles.
Fálase
A débeda dos clubes de fútbol de Primeira división xa duplica os seus ingresos. En La Información.
O rei Juan Carlos, cliente preferente dun fabricante de armas de luxo de Italia. Cóntao Vilaweb.
A prima de risco sitúase en 438,3 puntos básicos, cun interese superior ao 6%, logo de iniciar á sesión en 426,2 euros.
O "complexo ataque" dos talibáns "lanza unha mensaxe" a Occidente, segundo o New York Times.
O lehendakari Patxi López asegura na Cadena Ser que "non estaría mal" que o Rei pedise desculpas pola súa viaxa a Botswana para cazar elefantes, onde sufriu unha lesión de cadeira.
Milleiros de persoas solicitan a través dunha petición en Actuable que o Rei renuncie ao seu cargo honorífico en Adena-WWF
Desmontando a falacia: A sanidade pública en España non é cara. Cun sistema máis universal e de máis calidade que outros países europeos, gasta menos que Alemaña, Portugal ou Francia
O delegado do Goberno en Euskadi estuda tomar medidas contra o alcalde de Donostia (de Bildu), despois de que este sábado ondease na Casa do Concello a bandeira republicana
Hoxe comeza o xuízo contra Anders Breivik. Á chegada á sala afirmou que non recoñece o tribunal por estar "ás ordes de políticos que promoven o multiculturalismo"