Creatividade para evitar as gravacións e cargas da policía nas manifestacións: reflectantes e cubos inflables. Creados pola iniciativa artístico-activista Como acabar con el mal
Fálase
Audi compón o son do motor dos seus coches eléctricos. Estes vehículos, que non fan apenas ruído, poderían ser un perigo na rúa se non se lles incorpora un son ao seu motor. En Microsiervos.
O FMI insta a baixar as pensións de xubilación ante "o risco de que a xente viva máis do agardado". En El País.
A CIG convoca oito concentracións para rexeitar mañá a aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados.
- Compostela: Praza de Galicia, 20.00 horas.
- A Coruña: Delegación do Goberno, 20.00 horas.
- Vigo: Farola de Príncipe, 20.00 horas.
- Ourense: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.
- Pontevedra: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.
- Lugo: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.
- Ferrol: Praza do Concello, 19.30 horas.
- Ribeira: Praza do Centenario, 20:00 horas.
Os conselleiros do PP e de CiU no consello de administración de Radio Televisión Española impiden que o órgano directivo do ente público condene a homilía homófoba do bispo de Alcalá emitida en directo por TVE. Cóntao a Cadena SER.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que unha candidata a unha posto de traballo na área de Turismo do Concello de Redondela foi advertida de que se realizaba a proba de selección en galego non lle sería corrixida. A "advertencia" di A Mesa, foi lanzada por "un técnico do Padroado de Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra". Cóntano na súa web.
A Bienal de Pontevedra non se celebrará en 2012. Será a primeira vez que non se organice, dende o seu nacemento en 1969.
A décima edición do Festival Sinsal arranca este sábado con ducias de actividades: concertos, faladoiros, obradoiros infantís... Para os vindeiros meses este mércores anunciáronse as actuacións de Destroyer e Julia Holter. Tamén se confirmou que o festival regresa á Illa de San Simón, onde celebrará unha sesión o 24 e 25 de xullo.
Un vídeo amosa unha parte da excepcional arquitectura que Vigo perdeu nas últimas décadas do século XX. A montaxe mostra os edificios desaparecidos inseridos no entorno actual
A canle televisiva Intereconomía terá unha rúa na vila abulense de Mombeltrán "polo seu compromiso coas raíces cristianas" e a "independencia da súa liña editorial", di o alcalde da poboación. En 233 Grados.