A décima edición do Festival Sinsal arranca este sábado con ducias de actividades: concertos, faladoiros, obradoiros infantís... Para os vindeiros meses este mércores anunciáronse as actuacións de Destroyer e Julia Holter. Tamén se confirmou que o festival regresa á Illa de San Simón, onde celebrará unha sesión o 24 e 25 de xullo.
Fálase
Un vídeo amosa unha parte da excepcional arquitectura que Vigo perdeu nas últimas décadas do século XX. A montaxe mostra os edificios desaparecidos inseridos no entorno actual
A canle televisiva Intereconomía terá unha rúa na vila abulense de Mombeltrán "polo seu compromiso coas raíces cristianas" e a "independencia da súa liña editorial", di o alcalde da poboación. En 233 Grados.
A web 1001 medios elabora un retranqueiro recompilatorio de "xeitos de evitar xornalistas incómodos". Abrangue dende "non respondas e dá a volta" ata "manipula en directo mentres te ofendes moito". Manual exprés para evitar xornalistas incómodos
O Goberno central converterá en delito a convocatoria a través de Internet de concentracións ou manifestacións que deriven en violencia. O Ministerio do Interior di ir en contra do "buenismo" xurídico. En RTVE.
Forte terremoto (8,9 graos na escala Richter) fronte ás costas de Banda Aceh, en Indonesia. Hai alerta de tsunami en varios países do Índico e producíronse xa as primeiras ordes de evacuación nas costas. Na mesma zona un terremoto de magnitude semellante (9,1 graos) provocou a morte de 170 mil persoas en 2004.
Desaloxan da tribuna de convidados do Parlamento a un grupo de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas de aforro. Piden unha xuntanza co presidente da Xunta. A presidenta da Cámara lémbralles que "suspender un pleno pode ser constitutivo de delito"
A prima de risco baixa dos 430 puntos básicos logo da apertura dos mercados europeos e queda en 427. A rendabilidade é do 5,937% tras pechar o martes en case 435 puntos. O Ibex 35 abre en positivo e anótase un 0,24%,
O Goberno aprobará o venres a prohibición de realizar pagos en efectivo de máis de 2.500 euros. A infracción castigarase cunha multa do 25% da cantidade abonada.
Mentres, o Financial Times abre a súa portada falando de que hai cada vez máis temor a que España sexa o cuarto país da UE rescatado, despois de Grecia, Irlanda e Portugal.