Bárcenas proba que branqueou case once millóns de euros coa amnistía fiscal. O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, negou que o ex tesoureiro do PP se beneficiase da medida. Cóntao a Cadena SER.
Bárcenas proba que branqueou case once millóns de euros coa amnistía fiscal. O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, negou que o ex tesoureiro do PP se beneficiase da medida. Cóntao a Cadena SER.
A Casa Real manterá no seu posto ao secretario das infantas, malia estar imputado no caso Nóos. Así o asegura nun comunicado.
As chuvias dos últimos días están permitindo ver imaxes espectaculares na fervenza do Ézaro
A mocidade sen estudos e con contrato indefinido é a que declara ter unha ideoloxía máis conservadora neste estudo titulado A ideoloxía da xeración perdida. Recólleo El Diario.
Os xogadores da selección de fútbol de Cabo Verde néganse a conceder declaracións en calquera idioma que non sexa o portugués durante a celebración da Copa de África para así promover a lingua. Cabo Verde é a gran revelación do campionato e xa está en cuartos de final.
O Concello de Mondoñedo, que goberna o BNG en coalición co PSdeG, estuda cobrarlle o IBI á Igrexa como xa fai Allariz co aval da Xustiza. Cóntao Radio Lugo.
Queda en liberdade o autor confeso do roubo do Códice Calixtino. En El País.
A Audiencia Nacional dubida da constitucionalidade da supresión da paga extra dos funcionarios. O tribunal sostén que a decisión pode vulnerar a irretroactividade que garante a Constitución. Consulta neste enlace a providencia da Sala do Social
Unha representación das traballadoras de Alfageme, atópanse neste momento pechada na Consellería de Industria, en San Caetano, reclamando que as reciba o Conselleiro, segundo informa a CIG
Queremos Galego oponse á designación do conselleiro Jesús Vázquez como comendador do Cocido de Lalín. A plataforma no Deza rexeita que se recoñeza a un cargo "significado na desgaleguización do ensino" e en "relegar a nosa língua a un uso marxinal nos centros educativos", tal e como explica nun comunicado.