A folga no transporte por estrada continuará este mércores e os sindicatos non descartan "endurecer" a folga, ao tempo que lle piden ao Goberno galego que "tome nota" do éxito da mobilización, cunha incidencia do 100% nalgúns lugares.
Fálase
Erros no SIRESP, o sistema de comunicación que bombeiros e outros corpos de seguridade e administración utilizan para coordinarse, explicarían os fallos cometidos nos primeiros momentos do incendio de Pedrógão Grande, sinala Público na súa portada.
ERC e Unidos Podemos piden no Congreso ver o documental sobre a brigada política creada no Ministerio de Interior por Jorge Fernández Díaz, titulado Las Cloacas del Estado, e que ningunha televisión accede a emitir
El Diario entrevista Antón Reixa como ex-presidente da SGAE, cargo do que foi destituído tras denunciar a fraude relacionada cos dereitos de autor nos programas musicais: "O Ministerio de Cultura coñecía a 'roda das televisións' e fixo caso omiso"
O Culturgal 2017 abre hoxe o prazo para a reserva de espazos e proposta de actividades na edición do seu décimo aniversario, que se celebrará os vindeiros 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A reserva de stands e as iniciativas para o programa pódense realizar a través da web da feira das industrias culturais.
Declara nos xulgados de Lugo o ex-edil do PP de Santiago investigado polo financiamento do partido. O ex-alcalde Conde Roa, tamén investigado no caso, non acudiu -vive no estranxeiro- e a súa declaración ante a xuíza De Lara foi adiada, segundo informa El Progreso
Detidas nove persoas que participaron na manifestación a prol do centro social Escárnio e Maldizer en Compostela o pasado 10 de xuño, segundo adianta Europa Press.
A galega Vero Boquete, fóra da lista da selección española para a Eurocopa deste verán en Holanda. A ausencia da futbolista compostelá, subcampioa de Europa co PSG, gran sorpresa na listaxe de convocadas, na que está outra galega, a dianteira do Valencia Mari Paz Vilas.
O PP lanza un argumentario contra os concellos "radicais" dous anos despois das eleccións municipais. No caso galego só menciona A Coruña e faino con teses semellantes ás do manual divulgado polo partido conservador en 2015. Cóntao eldiario.es
O ex-secretario xeral do PP Javier Arenas declara arestora no xuízo do caso Gürtel. Tamén comparecen hoxe como testemuñas a petición do antigo tesoureiro Luis Bárcenas os ex-ministros Acebes, Rato e Mayor Oreja. La Opinión está a ofrecer a retransmisión ao vivo