Conta atrás para a creación, no parque empresarial de Porto do Molle (Nigrán), dun viveiro de empresas de tecnoloxía aeroespacial. A Zona Franca de Vigo xa logrou o financiamento necesario.
Fálase
Os recortes orzamentarios ameazan o futuro da investigación do Paleolítico lucense. Os traballos na Cova Eirós permitiron achar nos últimos anos a mostra de de arte rupestre máis antiga do noroeste peninsular, e outros elementos, como agullas ou lanzas decoradas, que levaron á súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC)
Un home de 80 anos de Lugo pode ser desafiuzado da súa casa por NGB por unha débeda de 15.000 euros, segundo denuncia o voceiro de Stop Desahucios na cidade
A plataforma Nunca Máis reactiva a súa web en vésperas das manifestacións do 1 de decembro.
Alumnado de Filosofía da USC péchase na súa facultade para esixir que a materia non perda peso no ensino secundario, tal e como prevé a LOMCE. No seu blog presentan o seu manifesto.
Repsol chega a un principio de acordo con YPF pola expropiación da súa filial na Arxentina pero mantén as tensións con Pemex, segundo El Confidencial
O galego Antón Costas é o novo presidente do influínte Cercle d'Economia catalán. El Periódico de Catalunya ofrece unha entrevista co economista vigués.
Montoro abre a porta a que as autonomías lle poidan cobrar impostos á banca mentres a Xunta o rexeita no Parlamento. En El Diario
Gz Vídeos recolle os momentos máis destacados da mobilización contra a violencia machista celebrada onte en Vigo.