@15MpaRato entrega a #QuerellaParato contra Rodrigo Rato e os ex responsables de Bankia. Nestes momentos ofrece unha rolda de prensa en Madrid.

@15MpaRato entrega a #QuerellaParato contra Rodrigo Rato e os ex responsables de Bankia. Nestes momentos ofrece unha rolda de prensa en Madrid.
A prima de risco e os bonos españois seguen en máximos tras deixar a axencia Moody's a débeda soberana ao borde do bono lixo. En El País. A prima mantense por riba dos 540 puntos e a rendibilidade roza o 7%, un nivel considerado "inasumible" hai uns meses.
A organización do Festigal avanza que na súa edición de 2012, que se volverá celebrar durante o 24 e o 25 de xullo no Campus Sur de Compostela, contarán coas actuacións dos galegos Ataque Escampe e dos franceses La Phace.
Merkel asegura que a crise española é froito "dunha década irresponsable" no Estado, pero cre que as medidas tomadas por Mariano Rajoy son "valentes".
Os mineiros volven cortar o tráfico en varias estradas de Asturias. Trátase da autopista AS-1, á altura de Siero, a AS-116, en Langreo, e a Nacional 630, en Santolaya de Morcín. Ademais, un home resultou ferido cun golpe na cabeza tras bater o tren no que viaxaba cuns troncos situados na vía.
The Guardian critica os poderosos armadores gregos, que controlan o 15% do comercio marítimo mundial, e que nos últimos meses se dedicaron a sacar do país as súas fortunas.
Segundo ARA, Eurovegas "afástase de Madrid". Cita fontes dos promotores do proxecto, que aseguran que, de facerse en España, sería en Catalunya.
A ICAAN revelou onte a lista dos 1.900 aspirantes a contar cun dominio propio en Internet, entre eles o .gal. Na lista hai varias solicitudes de dominios de comunidade, tamén relacionados con cidades, como .bcn ou .madrid, ou con empresas, como .google. ou .amazon.
Nas zonas rurais Educación agrupará na mesma aula a nenos de entre 6 e 12 anos, incumprindo un acordo que o conselleiro Jesús Vázquez asinara cos sindicatos en 2009
A prima de risco abre a sesión subindo dez puntos, despois de que onte a última hora Moody's anunciase que rebaixaba tres chanzos a cualificación da débeda española, agora case bono-lixo