Lendoiro, apartado da xestión económica do Deportivo polo administrador concursal. Segundo adianta DXT Campeón, o consello de administración do club galego deixa de percibir o seu salario.
Lendoiro, apartado da xestión económica do Deportivo polo administrador concursal. Segundo adianta DXT Campeón, o consello de administración do club galego deixa de percibir o seu salario.
O Goberno portugués lanza un sitio en Internet para facilitarlles o pagamento das peaxes aos vehículos estranxeiros nas autovías reconvertidas en autoestradas. Nestas vías, algunhas delas moi empregadas por viaxeiros e viaxeiras de Galicia, funciona unicamente o sistema de cobramento electrónico.
Os PAS da USC protestan diante do Parlamento polos recortes no financiamento das universidades previstos no Orzamentos da Xunta
Rey Varela carga contra a SEPI e acusa a Navantia de "informar mal" a Montoro. Pide unha reunión urxente coa sociedade estatal para conseguir carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol.
Os sindicatos anuncian "unha batalla" para evitar o "ERE encuberto" en Traballo. Os plans da consellería prevén o despido de 19 traballadores e a amortización doutras 20 prazas ocupadas por interinos.
Santa Bárbara pechará a Fábrica de Armas da Coruña. A compañía prevé despedir 700 persoas en todo o Estado e o peche da factoría galega este ano.
AGE pide a disolución da corporación municipal de Santiago de Compostela e a celebración de novas eleccións ante as novas detencións no marco da operación Pokemon, entre elas a do edil de Seguridade, Albino Vázquez. Para o deputado Xabier Ron "o escándalo é maiúsculo"
Máis de 15.000 galegos emigraron ao estranxeiro en 2012, segundo un informe de Adecco. Case 400.000 españois marcharon en busca de traballo desde 2008, na súa maioría mozos altamente cualificados.
#consellodaxunta Feijóo di que "o que está a acontecer no Concello de Santiago non é normal". Matiza que é "similar ao que está acontecendo noutras cidades de Galicia" pero sobre iso "non opino", di. Coida que en Compostela ten que haber "explicacións amplas" e "desculpas concretas".
#consellodaxunta Dimite a secretaria xeral da Consellería de Traballo, Cristina Ortiz Dorda. A número dous de Beatriz Mato marcha "por motivos persoais", segundo Feijóo.