A política europea de Alemaña comeza a ser cuestionada abertamente. Os detalles, en La Vanguardia.
Fálase
O paro e os "problemas de índole económica", as dúas principais preocupacións para os españois segundo a enquisa do CIS. Medra o medo a perder o posto de traballo e a un empeoramento da situación económica e laboral
A conselleira catalá de Educación advirte de que, se o Goberno central implanta a "educación constitucional" nas aulas, a Generalitat impartirá "educación estatutaria". En Vilaweb
A Xunta subliña que os Telexornais da TVG "non se fan" segundo "os caprichos e querencias" do PPdeG. Nunha resposta parlamentaria ao PSdeG
Manuel Baltar xa é presidente da Deputación de Ourense. Na web da institución preséntase asegurando que "somos un país orgulloso do propio".
Falece Domingos Dosil, ex alcalde de Muros polo BNG e un dos principais impulsores de Cogami, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade
Esta mañá José Luis Baltar culmina a operación de sucesión pasándolle ao seu fillo, Manuel Baltar, o bastón de mando da Deputación de Ourense. Asisten dous conselleiros, pero non o presidente da Xunta.
Alcaldes e concelleiros volven ao 'cole': A EGAP convoca unha xornada sobre normativa urbanística para cargos electos
Dimite o presidente romanés, Emil Boc, despois de semanas de protestas cidadás contra as medidas de austeridade do seu goberno
Interesante artigo de Jordi Barbeta en La Vanguardia analizando o Congreso do PSOE