A xuíza investiga as facturas supostamente inchadas por Paula Prado e Aduanas acusa varios cargos locais de aceptar viaxes pagados por Aquagest. Son revelacións incluídas na nova parte do sumario da Pokémon sobre a que xa non pesa o segredo. En El País.
Fálase
Tres mulleres interrompen o mitin de Cañete en Castro de Rei ao berro de “machista”, segundo destaca El País. No acto, o candidato popular bromeou sobre as "longas noites de negociación" da Política Agraria Común coa conselleira Rosa Quintana: "Imos facer unha foto para que a miña muller crea que estou aquí, porque son as seis da mañá", dixo.
Feijóo pide o voto para Cañete en Andalucía e subliña a "importancia" de que "un andaluz forme parte do Goberno de Europa".
A pesar da reforma legal que limita a aplicación da xustiza universal, o xuíz Santiago Pedraz négase a arquivar a causa na que investiga o xenocidio da poboación maia provocado polo exército de Guatemala entre 1978 e 1984
A Coruña acolle esta fin de semana a quinta edición de ExpOtaku, o evento dedicado aos comics e á animación xaponesas, con actividades de todo tipo, ligadas tamén aos videoxogos, á gastronomía xaponesa e aos xogos de mesa.
A Deputación de Lugo destaca que en 2013, grazas á administración electrónica, reduciu en 50.000 euros ao ano os gastos correntes, e eleva a 4,6 millóns de euros o aforro acadado dende 2009 coa implantación das novas tecnoloxías
A xuíza da Pokémon instrúe unha peza separada do caso dedicada a Paula Prado por se as súas accións no Concello de Santiago puideran ser constitutivas de irregularidades. Adiántao Europa Press
Xa se pode ver en Galiza Ano Cero o debate sobre "movementos sociais na encrucillada", no que participaron Goretti Sanmartín, Roi Ribeira, Olalha Barro e Raúl Asegurado
Unha tese da Universidade de Vigo sobre recuperación de solos de minas, premiada pola Sociedade Española da Ciencia do Solo coma o mellor traballo académico de 2013. Verónica Asensio destaca que os restos de fábricas de papel e de depuradoras axudan a recuperar os solos.
A xuíza arxentina que investiga os crimes do franquismo atópase en España para tomar declaración a varias vítimas e querelantes e recabar probas de violacións de dereitos humanos en arquivos do Estado.