Xa se pode ver en Galiza Ano Cero o debate sobre "movementos sociais na encrucillada", no que participaron Goretti Sanmartín, Roi Ribeira, Olalha Barro e Raúl Asegurado
Fálase
Unha tese da Universidade de Vigo sobre recuperación de solos de minas, premiada pola Sociedade Española da Ciencia do Solo coma o mellor traballo académico de 2013. Verónica Asensio destaca que os restos de fábricas de papel e de depuradoras axudan a recuperar os solos.
A xuíza arxentina que investiga os crimes do franquismo atópase en España para tomar declaración a varias vítimas e querelantes e recabar probas de violacións de dereitos humanos en arquivos do Estado.
Rafael Cuiña confirma que optará a ser candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Lalín. Anunciouno no marco dun mitin de CxG, onte na vila.
Besteiro lamenta que Feijóo sexa "un presidente ausente cando sete concelleiros de Santiago son xulgados" e ínstao a "pedir perdón polo machismo" de Cañete". "Pode facelo dende Madrid ou desde Barcelona", di.
O Goberno central exixe o peche da metade das canles da televisión pública catalá, o que provoca duras críticas da Generalitat.
A Policía identifica as persoas concentradas esta mañá ante os xulgados de Santiago en solidariedade cos acusados por se manifestaren contra a marcha de Galicia Bilingüe en 2009. (foto: @Onosolar).
#europeas2014 - Axenda de campaña
- Francisco Millán: Encontro agrogandeiro en Castro de Rei ás 16:45 e mitin con Cañete en Ordes ás 20:30.
- José Blanco: Reparto en Pontevedra ás 12:00 e mitins en Betanzos (20:00) e Silleda (21:30)
- Ana Miranda: Encontro con persoal de Citroën en Vigo ás 13:15 e mitin en Lugo ás 20:00.
- Lidia Senra: Visita á empresa Emprego Social en Cambre ás 12:00 e mitin ás 20:00 en Ferrol.
- Paulo Carlos López: Reparto en Sarria ás 12:00 e mitin ás 20:30 en Vigo.
O embaixador de Israel en España asegura que "non declarou inimiga a Galicia" e atribúe a polémica suscitada pola carta que lle enviou a Pilar Rojo aos "titulares sobre este asunto aparecidos nalgúns medios dixitais", que "pouco teñen que ver co contido real da carta". Pódese ler o comunicado na web da embaixada israelí.
O PP galego carga nun argumentario interno contra o xuíz que xulgou os edís de Santiago. Os conservadores recoméndanlles aos seus cargos dicir que o proceso ten "carga política". Cóntao El País.