O PP instruíu cargos locais sobre como burlar controis ao financiamento do partido, segundo publica El Mundo
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57fb336139151-14760346130202.jpg)
O PP instruíu cargos locais sobre como burlar controis ao financiamento do partido, segundo publica El Mundo
O Lugo empata ante o Mirandés (2-2) e mantense invicto e nos primeiros postos da Segunda División.
Luís Villares cre que Feijóo "non durará como presidente catro anos" e di que o obrigaron "case polas orellas" a presentarse ás eleccións. Nunha entrevista en Radio Galicia, o portavoz de En Marea asume que o "proceso constituínte" da formación fíxose "demasiado tarde" e que iso o aproveitou o PP.
O Obradoiro volve caer, desta vez na casa ante o Estudiantes (64-73) e continúa sen coñecer a vitoria na Liga ACB.
Un vídeo de eldiario.es revela unha conversa de Susana Díaz cos baróns antes da caída de Pedro Sánchez no Comité Federal do PSOE.
TVG e a RTP portuguesa emitiron este sábado un programa conxunto desde o San Froilán. Ambas as dúas canles repiten a experiencia do ano pasado coa emisión de Aquí Galicia e Aquí Portugal.
EU defende que "se recoñeza a existencia das partes" no grupo de En Marea pero advirte que o debate sobre o suxeito político propio xa está "superado".
Lídia Senra insta o Parlamento Europeo a investigar o proxecto de macrovertedoiro de Lousame. Pídelle á CE que se poña en contacto coas autoridades galegas para coñecer os motivos de promover este proxecto contrario a directivas.
Falece o escritor, pintor e escultor galego Luís Caruncho. O artista morreu en Madrid este venres aos 87 anos de idade.
O Obradoiro cae en Tenerife na segunda xornada da Liga ACB (70-55). Na LEB, o Básquet Coruña gaña o derbi ante o Marín (71-65).