TVG e a RTP portuguesa emitiron este sábado un programa conxunto desde o San Froilán. Ambas as dúas canles repiten a experiencia do ano pasado coa emisión de Aquí Galicia e Aquí Portugal.
Fálase
EU defende que "se recoñeza a existencia das partes" no grupo de En Marea pero advirte que o debate sobre o suxeito político propio xa está "superado".
Lídia Senra insta o Parlamento Europeo a investigar o proxecto de macrovertedoiro de Lousame. Pídelle á CE que se poña en contacto coas autoridades galegas para coñecer os motivos de promover este proxecto contrario a directivas.
Falece o escritor, pintor e escultor galego Luís Caruncho. O artista morreu en Madrid este venres aos 87 anos de idade.
O Obradoiro cae en Tenerife na segunda xornada da Liga ACB (70-55). Na LEB, o Básquet Coruña gaña o derbi ante o Marín (71-65).
A presión fiscal nos concellos galegos disparouse un 44% nos últimos dez anos. O pagamento de impostos locais creceu en case 131 euros por veciño desde 2004.
Dimite o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Diéter. A dimisión, que liga a motivos "persoais", chega apenas dez meses despois de asumir o cargo, nos que tivo que afrontar a complexa situación económica da entidade herdada das anteriores directivas.
O presidente de Colombia, Premio Nobel da Paz. O xurado destaca de Juan Manuel Santos os seus "esforzos por rematar coa guerra civil de máis de 50 anos". O premio chega poucos días despois do "non" no plebiscito sobre o acordo de paz coas FARC e é cuestionado por quen lembran as acusacións de "execucións extraxudiciais" por parte do Exército colombiano mentres Santos era ministro de Defensa.
O xuíz non imputará por homicidio os excarcerados pola morte de Jimmy. Rexeita encausar os ultras sinalados pola policía e cuxa imputación solicitara a Fiscalía.
Luís Villares asumirá a portavocía e a presidencia do grupo parlamentario de En Marea, que este xoves mantivo a súa primeira xuntanza no Pazo do Hórreo, na que avanzou a celebración de presentacións comarcais e o reparto de responsabilidades entre "varias" viceportavocías.