O presidente de Colombia, Premio Nobel da Paz. O xurado destaca de Juan Manuel Santos os seus "esforzos por rematar coa guerra civil de máis de 50 anos". O premio chega poucos días despois do "non" no plebiscito sobre o acordo de paz coas FARC e é cuestionado por quen lembran as acusacións de "execucións extraxudiciais" por parte do Exército colombiano mentres Santos era ministro de Defensa.
