O alcalde de Vilariño de Conso, Ventura Sierra (PP), será xulgado por presuntas irregularidades na contratación de persoal do Concello para a extinción de incendios e axuda a domicilio. Así o vén de ditaminar o xulgado da Pobra de Trives, que no auto de apertura de xuízo oral lle atribúe presuntos delitos de falsidade e prevaricación, polos que se enfronta a unha condena de ata cinco anos de cadea e inhabilitación. O caso fora levado á Fiscalía polo PSdeG e o grupo independente Aivic, coaligados neste municipio.
Fálase
A xuíza De Lara rexistra casas da familia do ex-alcalde popular de Ribadumia, 'Nené' Barral, nunha operación contra o contrabando e o branqueo. Barral xa estivo ligado previamente a casos de presunto contrabando. Adiántao El País
En marcha en Vigo a manifestación das traballadoras e traballadores das centrais de chamadas (contact centers), que este xoves levan a cabo unha folga xeral en toda España en demanda dun convenio colectivo xusto. O sector emprega a preto de 8 mil persoas en Galicia. Ás 20 horas está convocada unha mobilización na Coruña, onde Extel vén de anunciar un ERE que pode deixar na rúa 205 persoas.
Pallasos en Rebeldía e o Festival Esperanzah! organizaron en Melilla o Festiclown Frontera Sur, que serviu para protestar contra a política migratoria da UE e, especialmente, contra o “valado da vergoña”, na fronteira con Marrocos, onde realizaron varias accións reivindicativas.
Rajoy asegura que non porá "ningunha condición" ao PSOE para lograr a investidura. Di que sería un "disparate" ir a terceiras eleccións.
A Universidade de Cambridge vén de publicar un estudo sobre o financiamento alternativo en Europa no ano 2015. As plataformas de crowdfunding e outras fórmulas semellantes recadaron en España 50 millóns de euros o pasado ano, un 39% máis que en 2014.
Acusan a Canadá de complicidade coas empresas mineiras ante os abusos a mulleres e nenos, de África a América Latina pasando por Oceanía. As empresas canadianas de explotación mineira -como Edgewater- manteñen unha intensa actividade en moitos países.
As manifestacións de mulleres forzan o goberno polaco a dar marcha atrás na proposta para prohibir totalmente o aborto e perseguir as persoas que o practiquen. Na actualidade só se autoriza nuns certos supostos (violación, malformacións do feto...) e as polacas adoitan ir a Alemaña
Así boicotea España a querela arxentina polos crimes do franquismo que iniciou o galego Darío Rivas. Unha reportaxe de eldiario.es
O popular Agustín Baamonde regresará á alcaldía de Vilalba 11 anos despois. O actual alcalde, Gerardo Criado, pasará ao Senado para remudar a Sandra Vázquez, nova deputada no Parlamento de Galicia polo PP.