A Universidade de Cambridge vén de publicar un estudo sobre o financiamento alternativo en Europa no ano 2015. As plataformas de crowdfunding e outras fórmulas semellantes recadaron en España 50 millóns de euros o pasado ano, un 39% máis que en 2014.
Fálase
Acusan a Canadá de complicidade coas empresas mineiras ante os abusos a mulleres e nenos, de África a América Latina pasando por Oceanía. As empresas canadianas de explotación mineira -como Edgewater- manteñen unha intensa actividade en moitos países.
As manifestacións de mulleres forzan o goberno polaco a dar marcha atrás na proposta para prohibir totalmente o aborto e perseguir as persoas que o practiquen. Na actualidade só se autoriza nuns certos supostos (violación, malformacións do feto...) e as polacas adoitan ir a Alemaña
Así boicotea España a querela arxentina polos crimes do franquismo que iniciou o galego Darío Rivas. Unha reportaxe de eldiario.es
O popular Agustín Baamonde regresará á alcaldía de Vilalba 11 anos despois. O actual alcalde, Gerardo Criado, pasará ao Senado para remudar a Sandra Vázquez, nova deputada no Parlamento de Galicia polo PP.
Leiceaga prevé asumir a portavocía parlamentaria do PSdeG. Non facelo, di, xeraría máis "inestabilidade" no partido, e matiza que porá o cargo á disposición da nova dirección cando esta sexa elixida. Sinalouno en declaracións á Cadena SER.
O PP non prevé realizar acción ningunha para a investidura ata que o PSOE lle garanta apoio a un novo Goberno de Rajoy. Crónica en eldiario.es
O PP únese a Bárcenas e outras defensas para tentar a anulación do xuízo do caso Gürtel. O partido secunda así a estratexia que seguen, entre outros, o seu ex-secretario de organización en Galicia e presunto número dous da trama, Pablo Crespo.
O ex-primeiro ministro portugués António Guterres será elixido con toda probabilidade novo secretario xeral da ONU. Na penúltima votación recibiu 13 dos 15 votos a favor, con dúas abstencións e ningún veto. A derradeira votación realizarase este xoves.