Manuel Manquiña recibirá o premio Pedigree do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio
Fálase
O PKK declara o alto o fogo con Turquía. Abdalá Ocalan pediulles hoxe aos seus seguidores que deixen as armas para centrarse exclusivamente na loita democrática, nun discurso lido por dous deputados kurdos.
Activistas da PAH ocupan a sede do banco malo. A entrada na sede do Sareb coincide coa absolución de trece persoas que foron xulgadas esta mañá por un peche nunha sucursal do BBVA para paralizar varios desafiuzamentos.
#consellodaxunta O presidente da Xunta reitera o afirmado pola voceira do seu partido e asegura que as autonomías que non cumpren co obxectivo de déficit que marca o Estado "están como Chipre".
#consellodaxunta Feijóo evita aclarar se ve necesario que dimita o o concelleiro de Santiago investigado no caso das presuntas facturas falsas
#consellodaxunta Feijóo advirte os afectados polas preferentes de que "en Galicia non caben actos violentos" e asegura que "o único aliado que teñen é a Xunta".
#consellodaxunta O Consello aproba a estrutura da área de xestión integrada do Sergas na provincia de Lugo. Feijóo asegura que "continúan a área da Mariña, de Lugo e de Monforte", pero "coordinadas".
O presidente de Navantia descarta, nunha entrevista en ABC, a construción do dique flotante en Navantia Ferrol. José Manuel Revuelta di que "non é viable".
A Xunta de Persoal da Area Sanitaria Norte de Lugo decide por unanimidade á adhesión á manifestación Abraza o teu hospital, que terá lugar este sábado día 23 as 12.30 horas no Hospital da Costa de Burela.
As protestas polas preferentes obrigan a suspender o pleno no Concello de Mos. Os afectados anuncian que as protestas seguirán noutros consistorios.