A poxa dos bens de Jorge Dorribo, presunto líder da trama Campeón, conclúe en Lugo con escaso éxito. Tan só se vendeu un vehículo Mini Cooper e quedaron desertos o resto de propiedades, valoradas en 5 millóns de euros.
Fálase
Banco Sabadell recoñece interese por Novagalicia Banco. O seu conselleiro delegado, Jaume Guardiola, asegura que lles gustaría "gañar cuota de mercado en Galicia" e que están pendentes do futuro da entidade galega.
Esnáfrase un avión militar no municipio madrileño de Alcalá de Henares. Cóntao La Información.
Na comisión de control de RTVE do Congreso dos Deputados o PP defende a súa reforma e acusa os servizos informativos do ente público de ser "sectarios" e "manipular"
Funcas empeora a previsión de PIB para 2012 e 2013, con caídas do 1,7 e o 0,2%. En canto á creación de emprego, tamén rebaixa as expectativas, ao falar dun descenso do -3,3% neste ano e dun -1,4% no seguinte, co que se alcanzarían taxas de desemprego do 24 e do 24,6% respectivamente.
Un informe interno do PSOE sinala que, a nivel de Estado, o PP perdeu cinco puntos de apoio cidadán dende que gañou as eleccións do 20 de novembro. Na Cadena SER.
O ex presidente da Xunta Fernando González Laxe acóllese ao seu dereito de formar parte do Consello Consultivo. O DOG de hoxe publica a resolución que avala o nomeamento.
Abertis 'ficha' a Elena Salgado. A ex ministra de Economía será vogal dun dos tres consellos asesores da compañía, que avisou ao Goberno da incorporación malia non requirir autorización.
O Senado de Arxentina aproba, logo de 14 horas de debate, o proxecto de lei para expropiar o 51% de YPF a Repsol con 63 votos a favor, tres en contra e catro abstencións.
Activistas do movimento Es.Col.a reocuparon a escola da Fontinha este mércores no Porto.