"Volvín a España para investigar e teño que marchar de novo". La Información publica unha entrevista cun investigador do CSIC que ten que marchar para poder traballar.
Fálase
A Mesa do Congreso veta todas as preguntas sobre a relación entre o rei e o caso Nóos.
A parálise do proxecto da incineradora do Irixo ameaza o plano de residuos e abre a porta a unha ampliación do macrovertedoiro de Cerceda.
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, contrapón as "propostas" lanzadas na Convención Nacional do BNG coa "propaganda" que, di, difundiu Feijóo no seu mitin da Coruña. Nun encontro informativo co Colexio Profesional de Xornalistas subliñou que o Bloque está "preparado" para un posible adianto electoral e explicou que as relacións co PSdeG son "fluídas".
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, ofrécelle a Feijóo un pacto "polo crecemento e a blindaxe dos servizos públicos" e avanza que será el mesmo quen defenda no pleno do Parlamento a proposición de lei contra os recortes sanitarios e educativos
Expertos da ONU piden á UE unha taxa ás transaccións financeiras para financiar o custo da crise. "A socialización das débedas privadas ameaza con provocar unha regresión importante nos dereitos humanos", advirten.
De Guindos pide axuda á UE para saír da crise porque España "xa fixo todo o que estaba na súa man" para estabilizar a economía. Así, o ministerio de Economía pide á eurozona "cooperación" para deixar atrás a recesión.
A Consellaría de Cultura reformulará as bases coas que se convocan as axudas ao audiovisual de cara ao vindeiro ano.
Fútbol. Os emparellamentos para os equipos galegos no play-off de ascenso a Segunda B quedan así: Laudio-Ourense, Pontevedra-Espanyol B, Cayón-Alondras e Cuarte Industrial-Cerceda.
Fútbol. O Lugo enfrontarase ao Eibar na primeira eliminatoria do play-off de ascenso a Segunda División. A ida xogarase no Anxo Carro.