A Federación Española de Fútbol nega a licenza a un neno por entregar un papel en galego. Ames Novo denuncia que a entidade denegase un certificado de empadronamento na lingua propia.
Fálase
Podemos sería a forza máis votada no Estado co 24,6% dos votos, seguido do PP (22,5%) e o PSOE (19,5%), segundo o Observatorio da Cadena SER. Ciudadanos sería a cuarta forza política tras medrar máis de oito puntos.
Albert Rivera quere reducir a mil os concellos no Estado e defende a sanidade universal só para os que teñan permiso de residencia.
CCOO de banca gastou 14 millóns en viaxes e reunións durante cinco anos, segundo conta El País. Os dirixentes gastaron decenas de miles de euros en marisquerías e asadores.
A lentitude acaba cunha instrución por unha gran fraude fiscal. A fiscalía considera prescirtos os delitos tributarios e de falsidade logo dunha década de pescudas a Grúas Estación e reitra os cargos a 18 imputados.
A lei Wert para estudar más castelán é inaplicable en Galicia. As seis familias que solicitaron axudas para recibir máis clases de español non poderán recolocar os seus fillos noutro colexio privado porque todos imparten teoricamente aulas en galego.
O Pontevedra fortalece o seu liderado en Terceira tras vencer o Sanxenxo (0-1). No resto da xornada: Bertamiráns 0 0 Arousa; Boiro 0 2 Rápido de Bouzas; Silva 1 0 Alondras; Laracha 2 1 Choco; Ordes 0 1 Barbadás; Racing Vilalbés 2 0 Cerceda; Cultural Areas 3 2 As Pontes; Ribadumia 1 1 Bergantiños; Fabril 5 0 Ribadeo.
O Racing de Ferrol leva o derbi galego de 2ªB ante o Compostela (0-3). No resto da xornada, o Celta B caeu 3-1 ante o Tropezón, o Somozas na casa ante o Logroñés (0-1) e o Coruxo empatou ante o Burgos (1-1).
Marcial Dorado branqueou millóns durante a súa amizade con Feijóo. A xustiza atribuíu a súa fortuna ao tráfico de drogas, cantidades que acumulou na época na que gozaba das vacacións co actual presidente da Xunta. Os iates nos que viaxaba o líder do PPdeG foron decomisados.
Un galego que paga pola súa herdanza 27.000 euros, pagaría 1.200 en Madrid. O contribuínte pode pagar ata 30 veces máis que noutras comunidades autónomas.