O PP de Ourense tentará impedir no Constitucional que David Rodríguez sexa candidato de En Marea. A dirección que encabeza José Manuel Baltar vén de anunciar a formulación dun recurso de amparo ante o tribunal de garantías tras desestimar a súa demanda un xulgado de Ourense.
Fálase
CxG propón "substituír a Real Academia Galega por un ente independente". Así o subliñou o candidato do partido á Xunta, Xoán Bascuas, na presentación da súa candidatura pola Coruña, lista da que forma parte o escritor Xavier Alcalá, presente no acto.
Os Xulgados de Ourense desestiman a demanda presentada polo PP contra a candidatura de En Marea, permitindo polo tanto que David Rodríguez concorra como número 2. Rodríguez presentou a súa renuncia como alcalde de Manzaneda o pasado 19 de agosto e o pleno tomou coñecemento da renuncia o día 29, un día antes da publicación definitiva das listas.
VÍDEO | O BNG lanza o seu primeiro vídeo electoral, Un día con Ana, no que amosa unha xornada de traballo da súa candidata á Presidencia para "difundir as prioridades de goberno do Bloque"
O PP di que tomará "medidas" para evitar eleccións o 25 de decembro tras provocar esa coincidencia coa elección da data do debate de investidura, que remata este venres.
PP e PSOE votan en contra do informe redactado pola empresa municipal Tussa que avalaba a viabilidade económica e legal da remunicipalización dos servizos de ORA e guindastre. O BNG abstívose. Compostela Aberta salienta que "os partidos da oposición están agora moi vixilantes, pero non o estiveron tanto cando se lle adxudicou o contrato á empresa SETEX Aparqui, malia a non cumprir co prego de condicións do concurso".
O pleno de Silleda aprobou por unanimidade a municipalización do servizo de auga, unha vez rematado o contrato que mantiña cunha empresa privada.
Bernardo Vergara dedica a súa viñeta de hoxe a Alberto Núñez Feijoo e as súas queixas polas referencias feitas por Pablo Iglesias á súa relación co narco Marcial Dorado.
O paro rexistrado baixou en 2.412 inscricións en Galicia en agosto, ata ficar nas 193.045 persoas anotadas nas oficinas de emprego, 20.687 menos que hai un ano. As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 5.132 nese mes, o que supón un aumento interanual de 15.909.
O investigador da UDC Carlos Gómez, experto en linguaxe e informática, acada unha das prestixiosas bolsas Starting Grant para o seu proxecto Fastparse, para o que recibirá 1,5 millóns de euros nos vindeiros cinco anos.