O partido de Hugo Chávez imponse en 20 dos 23 estados nas eleccións rexionais que esta fin de semana se celebraron en Venezuela. A oposición perdeu catro dos sete estados que controlaba.
Fálase
Marcadores da Terceira División galega (o Pontevedra-Vilalonga foi adiado)
Celta B 3 - 1 Racing de Ferrol
Barbadás 0 - 0 Dorneda
Céltiga 1 - 2 Deportivo B
Racing Club Vilalbés 0 - 1 Alondras
Ordes 2 - 1 CD As Pontes
Negreira 1 - 1 Rápido de Bouzas
Somozas 1 - 1 Cerceda
Narón 2 - 0 Betanzos CFResultados dos equipos galegos da 2ªB
CD Leganés 2 - 0 CD Ourense
Coruxo FC 1 - 2 Real Oviedo- #CongresoCxG Xoán Bascuas vén de ser elixido secretario xeral de Compromiso por Galicia. Máis información, este serán en Praza.
Baltar afirma que o ERE que vén de presentar na Deputación de Ourense era "a última opción" para garantir a prestación de servizos públicos na institución.
Aznar asegura que a "secesión" de Catalunya xa está pactada entre CiU e ERC e teoriza que os "casos de corrupción" van acelerar o proceso. Díxoo nunha entrevista que recolle El Diario.
#CongresoCXG O congreso constituínte de CxG aproba que o partido empregue oficialmente a bandeira galega sen escudo. Máis información sobre o congreso, este serán en Praza.
O Obradoiro caeu ante o Real Madrid por 87-97 tras un gran partido, no que o equipo madrileñó só foi quen de imporse nos últimos minutos, cun parcial de 12-0-
En hóquei a patíns, o Cerceda venceu por 5 a 6 no campo do Raspeig e colócase a un só punto da lideranza na Primeira División masculina. Na OK Liga feminina, nova derrota do Traviesas, desta vez por 0 a 6 fronte ao líder Voltregá. As viguesas aínda non puntuaron e son pechacancelas da clasificación. Neste final de semana non houbo competición na OK Liga masculina.
O CHL Meigas non puido conseguir a súa segunda vitoria consecutiva e perdeu por un apertado 4 a 5 fronte ás Walkyrias madrileñas. As luguesas seguen a ocupar a 7ª posición na Liga Elite Feminina.