PP e PSOE superarían o 55% dos votos nas eleccións xerais, segundo unha enquisa para eldiario.es. Podemos cae máis de dous puntos respecto do anterior inquérito e o BNG mantería representación no Congreso.
Fálase
A Asociación Galega de Editores acordou que as Bibliotecas Escolares de Galicia recibirán o Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural. Este recoñecemento forma parte dos Premios da Edición, que serán entregados en Pontevedra o vindeiro 13 de marzo
Este venres e sábado celébranse as primeiras sesións das xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, que se van desenvolver no C.S. A Revolta do Berbês coa colaboración dos colectivos Xentrificación Vigo, GAS, LAPSUS e a ODS-Coia
Rocío Mosquera explica finalmente o contido do informe da Comisión de Bioética censurado pola Consellaría de Sanidade. Réstalle importancia, sinala que se trata dunha valoración dos copagamentos e que non fai referencia ao Sergas.
A xuíza Pilar de Lara imputa outras 39 persoas na Coruña pola retirada de multas da grúa e a ORA en 2011 e 2012. Declararán entre o 30 de abril e o 18 de maio.
Rubén Pérez, coordinador local de EU, será o candidato a alcalde da Marea de Vigo. Podemos aínda debe decidir a súa posición de cara ás eleccións municipais na cidade.
O proxecto de porto seco en Salvaterra-As Neves recibe un novo investimento de 16 millóns de euros para revivir as súas opcións. Iniciado no ano 2000, neste tempo recibiu ao redor de 100 millóns de euros sen chegar a estar operativo.
Cesan os dous delegados de Ciudadanos en Galicia. Un deles, José Canedo, xa fora candidato de UPyD nas eleccións galegas.
A directora de Turismo de Galicia xustifica o gasto da Xunta no vídeo de Enrique Iglesias porque está a ter moitos “gústame e retweets” nas redes sociais. En resposta á deputada do BNG Carme Adán, Nava Castro evitou revelar as condicións concretas do contrato coa produtora do artista. Turismo de Galicia vén de facer público un comunicado ao respecto, no que vén indicar que cada reprodución en YouTube corresponde a unha persoa distinta. Descarga do comunicado íntegro.