Isabel Coixet rodará un documental sobre a catástrofe do Prestige, adianta o xornalista Gregorio Belinchón, o especialista en cinema de El País.
Fálase
Evangélos Venizelos, que até o de agora era ministro de Finanzas de Grecia, abandona o seu cargo para liderar o partido Pasok. Venizelos adquiriu fama a nivel mundial por ser a persoa que executou as medidas de axuste reclamadas pola troika ao Executivo de Atenas. O Pasok está en terceiro lugar no ranking de estimación de voto para os comicios xerais helenos. Nova
O investimento na Fundación Vasca para a Ciencia, Ikerbasque, dá os seus froitos: captou máis de 40 millóns de euros de programas europeos para investigación, abriu seis centros de investigación de excelencia (e abrirá tres máis este ano) e só entre xaneiro e febreiro máis de 500 científicos solicitaron incorporarse ao proxecto.
Attac critica o decreto-lei de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos e considera que poucas persoas se poderán acoller a el, que ademais non incopora fórmulas para forzar ás entidades bancarias a aplicalo.
Faltan tres días para a folga xeral convocada en Portugal, que terá lugar unha semana antes da que se vai desenvolver en Galicia. A CGTP ultima os detalles da xornada e anima aos traballadores lusos cun vídeo reivindicativo. O sindicato habilitou unha web para canalizar toda a información sobre a folga a través dela.
Sin Permiso publica un artigo de Robert Fisk no que reflexiona sobre a explicación escollida pola meirande parte dos medios de comunicación (un ataque de loucura) sobre o masacre perpetrado por un sarxento do exército norteamericano hai unhas semanas en Afganistán.
O actual presidente de Timor Leste, José Ramos-Horta, fica fóra da segunda volta das eleccións presidenciais, celebradas este sábado. Lu-Olo e Taur Matan Ruak (apoiado por Xanana Gusmão, que en 2007 fixo campaña por Ramos-Horta) disputarán esta segunda volta o 14 de abril.
Intensos enfrontamentos entre o exército sirio e os rebeldes en varios barrios da capital do país, Damasco. Máis información en Al-Jazeera.
O Rosal, onde se calcula que o dez por cento dos seus habitantes está afectado polas preferentes de Nova Galicia Banco, mobilízase para pedir que lles devolvan os cartos.
"Somos o grito do pobo". Unhas 100.000 persoas volveron tomar a Bastilla, en París, convocadas pola Fronte da Esquerda. "Apoiámonos neste sitio", lugar de inicio "das revoltas e revolucións en Francia. Somos a bandeira vermella", clamou Jean-Luc Mélenchon