Iniciativa pola Unión celebra este domingo as primarias de Nós-Candidatura Galega, nas que se inscribiron máis de 5.800 persoas para elixir candidaturas ao Congreso e ao Senado. A información das votacións, hoxe en Praza.
Fálase
#CELvVCF O Celta perde por 1-5 en Balaídos ante o Valencia
#premiosdacrítica15 Véñense de entregar en Vigo os Premios da Crítica, cunha abondosa presenza de representantes do mundo da cultura e de diversos ámbitos sociais e políticos. Velaquí as persoas e obras premiadas e o ditame do xurado:
- Creación Literaria: A viaxe de Gagarin, de Agustín Fdez. Paz
- Iniciativas culturais: Cineuropa
- Investigación: Xosé Ramón Pena
- Música: Guadi Galego
- Artes Plásticas: Xaquín Marín
- Artes escénicas: A Panadaría
- Cultura gastronómica: Miguel Vila
#7NFeminista Desenvólvese xa en Madrid a marcha estatal contra as violencias machistas, na que participa unha comitiva galega. A información, hoxe en Praza.
Científicos galegos lamentan a celebración de conferencias de pseudociencia en espazos públicos galegos protagonizadas por Josep Pàmies, un dos referentes do movemento antivacinas. Recólleo La Voz
Alcaldesas e concelleiras de todo o Estado, entre elas de Santiago e A Coruña, son recibidas en Madrid antes da manifestación do #7NFeminista
O PP mantén a Ana Pastor e Joaquín García Díez como cabezas de lista en Pontevedra e Lugo. Na Coruña o seu número 1 será o ex edil Miguel Lorenzo e en Ourense, o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Miguel Ángel Viso. Estes son os cabezas de lista dos conservadores en todo o Estado.
O PSdeG inicia os trámites para a expulsión do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez. A información, este serán en Praza.
Cerna non participará en ningunha das candidaturas de confluencia en Galicia. Nunha consulta ás bases, o 53% decidiu non apoiar nin a Nós nin a En Marea. A formación anima a votar a candidaturas alleas ao bipartidismo e a Ciudadanos.
A Deputación da Coruña aproba a galeguización a súa presenza en internet co cambio de enderezo a dacoruna.gal e a incorporación ao dominio galego