España é o segundo país da UE no que a banda larga é máis cara, e o terceiro no prezo da electricidade, segundo datos da Comisión Europea, que tamén subliñan que é o segundo lugar no que máis subiu a factura da luz nos últimos catro anos (un 46%).
Fálase
Varias veciñas da Corrala Utopía de Sevilla instálanse na Praza Nueva, fronte á Casa do Concello, como continuación da súa reivindicación dunha vivenda digna.
A dereita populista de Viktor Orbán gaña con claridade as eleccións en Hungría, cun 44,5% dos votos. A ultradereita Jobbik ascende até o 21% dos votos.
Na Segunda División B, o Racing de Ferrol empatou en Mieres ante o Caudal (1-1) e mantense na segunda posición. O Celta B caeu ante o Sporting B (1-2) con dous goles no tempo engadido e o Ourense perde ante o Avilés (1-0). O Coruxo gañoulle en Luanco ao Marino (1-2) e sae dos postos de descenso.
Na Terceira División, o Boiro continúa líder tras empatar co Rápido (1-1). No resto da xornada: Laracha 1 - 1 Racing Vilalbés; Alondras 0 - 0 Somozas; Fabril 2 - 1 Ordes; Barbadás 1 - 2 Negreira; Betanzos 1 - 1 Dorneda; As Pontes 3 - 2 Choco; Arousa 2-1 Cultural Areas;
Bertamiráns 0 - 0 Grixoa; Cerceda 3 - 1 Pontevedra.O Lugo vence o Mallorca no Anxo Carro (2-1) cun gol de Rennella nos últimos minutos e achégase aos postos de promoción de ascenso. O Deportivo aséntase no liderado tras os favorables resultados desta xornada.
Jesús Eguiguren: "En Madrid con ETA vivíase mellor". O presidente do PSE volve criticar que Arnaldo Otegi estea na cadea e asegura que o PNV "non ten interese ningún na independencia".
We are happy from Galicia, o vídeo dos profesores e alumnos do CEIP dos Blancos, convértese nun éxito na Rede. Suma xa máis de 8.000 visitas.
Cidadáns da Coruña saen á rúa contra a corrupción convocados polo Movemento de Loita Popular. Os manifestantes piden a dimisión de todos os cargos políticos corruptos tras a revelación dos presuntos delitos que desvelou a operación Pokémon. Imaxe de @15Mmontealto.
Costa da Morte, de Lois Patiño, gaño o premio ao mellor documental no Play-Doc. Máis información, hoxe en Praza.