Unha empresa privada proba estes días un avión espía no aeródromo de Rozas, na Terra Chá, entre fortes medidas de seguridade. Cóntao El Progreso.
Fálase
Morre Stéphane Hessel, o pai do movemento indignado. O pensador e diplomático, participante na redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, alcanzou sona coa publicación do manifesto Indignádevos.
O PD de Bersani sondea a posibilidade de chegar a un acordo co Movemento Cinco Estrelas de Beppe Grillo, que xa anunciou que non formará ningunha coalición pero que está disposto a apoiar "lei por lei"
Rajoy anuncia que o déficit público de 2012 situouse no 6,7% do PIB, catro décimas máis do obxectivo pactado con Bruxelas.
Comités convocan este mércores unha concentración ás 13:00 na entrada da Facultade de Filoloxía da USC contra o posíbel desmantelamento dos graos de Lingua e Literatura Galega e de Filoloxía Clásica
O fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, non descarta chegar até o Tribunal Supremo para defender os aforradores afectados polas preferentes.
A división do voto entre PSC e PSOE é vista de maneira moi distinta na prensa de Madrid e Barcelona. ABC: "Cataluña rompe al PSOE" ou La Razón: "Secesión en el PSOE" fronte a El Periódico: "El PSC se emancipa".
O PP rexeitou esta tarde no Congreso as propostas do BNG para garantir a construción do dique flotante en Ferrol. Pola mañá, no Parlamento galego, os conservadores aprobaron achegar 5 millóns de euros a esta infraestrutura, a instancias dunha emenda do PSdeG.
A mesa intersindical dos bombeiros de Galicia ratifica que non colaborarán na apertura de portas en desafiuzamentos e exprésalle o seu apoio ao bombeiro que non colaborou no desaloxo de Aurelia Rey, na Coruña. Cóntao El Progreso.
O Tribunal Supremo avala o modelo de inmersión lingüística no ensino catalán. Cóntao TV3