O fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, non descarta chegar até o Tribunal Supremo para defender os aforradores afectados polas preferentes.
Fálase
A división do voto entre PSC e PSOE é vista de maneira moi distinta na prensa de Madrid e Barcelona. ABC: "Cataluña rompe al PSOE" ou La Razón: "Secesión en el PSOE" fronte a El Periódico: "El PSC se emancipa".
O PP rexeitou esta tarde no Congreso as propostas do BNG para garantir a construción do dique flotante en Ferrol. Pola mañá, no Parlamento galego, os conservadores aprobaron achegar 5 millóns de euros a esta infraestrutura, a instancias dunha emenda do PSdeG.
A mesa intersindical dos bombeiros de Galicia ratifica que non colaborarán na apertura de portas en desafiuzamentos e exprésalle o seu apoio ao bombeiro que non colaborou no desaloxo de Aurelia Rey, na Coruña. Cóntao El Progreso.
O Tribunal Supremo avala o modelo de inmersión lingüística no ensino catalán. Cóntao TV3
"¿Quiere mi número de placa? Ya lo tiene, ahora le voy a sancionar el doble", é a advertencia que lle lanza un axente antidisturbios a unha das manifestantes que esta mañá protestou ante o Parlamento contra os recortes en educación, segundo se ve e escoita no minuto 3:15 deste vídeo, gravado no lugar e que vén de ser publicado en YouTube.
Alstom pechará a planta eólica das Somozas. A compañía prevé o despido de 373 empregos en España e o peche da fábrica de equipamentos eléctricos da localidade galega.
Alcaldes da Coruña, Oviedo, Granada e Alcalá de Guadaira piden a "suspensión inmediata" do ERE de Santa Bárbara, que consideran unha decisión "inxusta".
CUT e CNT manifestaranse este martes en Compostela "contra a criminalización do movemento sindical e a precarización laboral e das vidas das traballadoras"
O Tribunal Supremo ratifica o aval á inmersión lingüística. Desestima o recurso dun pai contra unha sentenza anterior do TSJC, pero non cuestiona o modelo de escola catalá, segundo conta Ara.