CUT e CNT manifestaranse este martes en Compostela "contra a criminalización do movemento sindical e a precarización laboral e das vidas das traballadoras"
Fálase
O Tribunal Supremo ratifica o aval á inmersión lingüística. Desestima o recurso dun pai contra unha sentenza anterior do TSJC, pero non cuestiona o modelo de escola catalá, segundo conta Ara.
O Ministerio de Defensa adxudícalle un contrato de restauración de 3,6 millóns de euros á empresa de Arturo Fernández, o vicepresidente da CEOE que acumula débedas coa Seguridade Social e cuxos empregados o acusan de pagarlles "en negro" parte dos seus salarios. Recólleo a web El BOE nuestro de cada día
O 27 de febreiro de 1920 estreouse O Gabinete do doutor Caligari
O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, reclama non caer na "frivolidade" á hora de abordar a violencia machista. Quen o faga debe estar "ben informado" e ter en conta que as denuncias falsas son "irrelevantes", subliña. Faino despois de que o deputado de UPyD Toni Cantó asegurase que "a maioría" destas denuncias son falsas.
Bárcenas demanda o PP por despido improcedente, segundo informa El País. Afirma que desde marzo de 2010 ata o 31 de xaneiro de 2013 foi asesor dos populares e o partido pagáballe 21.300 euros mensuais.
A Xunta destinará cinco millóns de euros ao dique flotante de Ferrol logo dun pacto entre PSdeG e PP. Os populares aceptan unha emenda socialista na que se abstiveron BNG e AGE. Máis información, esta tarde en Praza.
O Festival de Cine Euroárabe Amal anuncia a suspensión das súas actividades en Santiago a causa da falta de apoios institucionais. Veñen de comunicalo a través da súa web.
Novacaixagalicia e a Xunta recorren a operación acordeón de Novagalicia Banco. Impugnan xudicialmente a decisión do FROB, que deixou a cero a participación da caixa na entidade bancaria, segundo conta Europa Press.
O derbi galego entre Deportivo e Celta xogarase o venres 15 de marzo ás 21.30 horas, segundo anuncia a Liga de Fútbol Profesional na súa páxina web.