Xosé Manuel Outes e Saínza Ruíz serán o candidato e a candidata de Esquerda Unida para as europeas de maio.
Fálase
Inspectores de Facenda piden recuperar a vixilancia sobre as SICAV. En El Diario
O plan urbanístico de Marín deixa sen protección dous castros e o labirinto de Mogor, a cuxo carón se poderá construír. Cóntao El País.
Entrique Dans realiza unha dura crítica da reforma da lei de propiedade intelectual e denuncia a "alucinante componenda do goberno español cos medios". Dans afirma que a reforma "está pensada, por riba de todo, como unha maneira segura de entregarlles cartos" aos medios de AEDE a través dunha sociedade de xestión.
O grupo Véndex asegura que "xamais" pagou cantidade ningunha para facerse con contratos públicos. A empresa considerada pola investigación da Pokémon como centro da trama corrupta atribúe parte das acusacións a un "ex socio" por "intereses mercantís". Faino nun comunicado que recolleu Europa Press.
Xa se coñecen os autores e obras finalistas dos Premios da Edición, organizados pola Asociación de Editores e que se entregarán o vindeiro 21 de marzo no Liceo de Betanzos.
Materia fai un percorrido histórico pola lexislación e os debates a favor e en contra do aborto, dende Persia ou a Grecia e Roma clásicas, onde o aborto era unha práctica normal e socialmente aceptada.
Representantes da asociación Semente de Monforte anunciaron esta fin de semana a apertura da conta corrente na que calquera persoa pode realizar achegas a este proxecto, que busca promover iniciativas solidarias e de progreso na vila, tirando un beneficio colectivo do premio da lotaría do Neno, que deixou 120 millóns de euros.
A Policía desaloxa a esta hora a sala Yago, o cine e teatro compostelán ocupado dende a pasada semana e que permanece pechado dende 2007, segundo informan fontes presenciais.
Estoupa un artefacto nun caixeiro de Novagalicia en Vigo, segundo informa a Radio Galega