O xefe de Anticorrupción tentou frear rexistros na operación contra a corrupción do PP en Madrid. Outros fiscais propiciaron unha votación que deron en gañar, mantendo así as operacións previstas. Recólleo eldiario.es
Fálase
O mazarico real, declarada ave do ano en Galicia pola Sociedade Galega de Ornitoloxía. Trátase dunha especie en perigo de extinción cuxos escasos exemplares se atopan na contorna do aeródromo de Rozas, na Terra Chá.
Pontevedra non rexistra ningún falecemento en atropelos por sexto ano consecutivo. O goberno local liga estes resultados co modelo urbano da cidade e aposta agora por avanzar cara ás "cero vítimas graves" nestes accidentes. Afirmouno a edil Carme da Silva durante a presentación da memoria de 2016 da Policía Local. Recólleo Pontevedra Viva
Imputados o presidente e o director de 'La Razón' por coaccións á presidenta da Comunidade de Madrid e o seu equipo. Estas citacións en calidade de investigados líganse á operación na que foi detido o ex-presidente madrileño, Ignacio González. Está a contalo eldiario.es
AUDIO | O Sonoro Maxín estrea o seu novo disco, Sete Dezasete, co lanzamento do seu primeiro tema promocional, Así se constrúe unha bomba. A banda ourensá, candidata aos premios Martín Códax da música na categoría reggae, ska e mestizaxe, inicia este venres a súa xira en Ourense (café Auriense, 21:30), que continuará a vindeira semana en Carballo e Bueu. Escoita aquí o primeiro tema do álbum, que xa está dispoñible integramente en Spotify.
Detido o ex-presidente da Comunidad de Madrid, Ignacio González, nunha operación contra a corrupción no Canal de Isabel II.
O Goberno central ordena ao Concello da Coruña que retire a bandeira republicana da Casa Casares Quiroga. Pendurouse o pasado 14 de abril en lembranza "dos homes e mulleres que fixeron posible a II República".
Ábrese xuízo oral contra o ex-delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. O proceso, aberto hai xa doce anos, investígao por presuntas irregularidades na xestión de axudas.
O BNG decide mudar o seu logo despois de 25 anos. Cóntao La Voz de Galicia, que di que o Bloque busca unha "imaxe cunha estética máis actual e próxima".
A nosa compañeira Montse Dopico gaña o premio Johán Carballeira cunha reportaxe na Revista Luzes. María Obelleiro, por unha reportaxe en Sermos, foi a outra galardoada.