A esquerda pídelle explicacións a Margallo por impedir a declaración en Arxentina das vítimas do franquismo. Exteriores queixouse ante o embaixador de Arxentina en Madrid polos que terían sido as primeiras testemuñas de represaliados ante a Xustiza e obrigou a xuíza que leva o caso a aprazar as súas declaracións
Fálase
A manifestación, en Ourense
A Plataforma en Defensa do Ensino Público celebra a súa manifestación central na Coruña
Comeza tamén a manifestación en Vigo
A manifestación contra a LOMCE, en Ferrol
Comezan neste momento as manifestacións contra a LOMCE convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Ferrol. Máis informacións, nuns minutos en Praza.
Despois de que Louzán considerase inviable o traslado de Ence, Rueda limítase a constatar que a actual concesión remata en 2018. O vicepresidente obvia que a reforma da lei de costas permite prolongar a estancia da pasteira na ría de Pontevedra.
Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz e Javier Couso participarán nun acto de homenaxe a José Couso que AGE organiza este venres en Bastiagueiro-Oleiros baixo o título de Crime de guerra, censura informativa. Comezará ás 20 horas no salón de actos do INEF
As Cortes de Aragón aproban, cos votos de PP e PAR, chamar "lapao" ao catalán, acrónimo de Lengua Aragonesa Propia del Área Oriental