As cinzas de Man de Camelle repousan xa na súa casa museo. Manfred Gnädinger faleceu en 2002 un mes despois do afundimento do Prestige.
Fálase
O alcalde de Vigo confirma que tras a súa remodelación a Gran Vía contará cun pezseto, similar ao dinoseto da Porta do Sol. “Vai ser fantástico”, valorou Abel Caballero, que se preguntou “por que delante do Guggenheim puxeron aquel adorno vexetal?, porque lles pareceu ben, pois a nós pásanos o mesmo”, conta vigoé.es. Ese modelo decorativo comezou a estenderse pola cidade hai algo máis dun ano, coincidindo co 25 aniversario da morte do mono Paco de Leri.
En marzo será xulgado en Madrid Emilio Cao, o mozo do Carballiño para o que a Fiscalía pide 5 anos e 8 meses de cadea por unha suposta agresión e atentado á autoridade -que el nega- durante unha manifestación das Marchas da Dignidade en 2014. Hai ano e medio falabamos con el e dicíanos: "Se me condenan, tronzaríanme a vida por completo"
A Xunta di agardar por unha resposta “positiva” do Ministerio de Exteriores á Estratexia Galega de Acción Exterior (Egaex), que lle remitiu en decembro tras dous anos en elaboración. Praza.gal e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) entrevistaron durante o debate do documento aos responsables da Xunta e dos tres grupos da oposición, pezas que se poden ler nesta sección.
Antonio Arias di que abandona a CEG para que unha "catarse" acabe coa "pelexa constante" na entidade. É a terceira dimisión dun presidente en menos de tres anos, tralas de José Manuel Fernández Alvariño en novembro de 2015 e Antonio Dieter Moure en outubro de 2016.
O Consello de Estado responde ao Goberno de España que non existe fundamento en Dereito para impugnar a investidura de Puigdemont. O Executivo de Rajoy solicitara ao organismo que preside José Manuel Romay Beccaría o informe preceptivo antes de formular o recurso ante o Tribunal Constitucional.
O presidente do Parlamento catalán convoca para o vindeiro martes o pleno de investidura con Puigdemont como candidato. Está a contalo eldiario.es
Tres temores de terra afectaron a Galicia nas últimas 24 horas. Producíronse en Serra de Outes, Navia de Suarna e Burela -este último con epicentro no mar- e todos eles estiveron por baixo dos 3 graos na escala Richter. A súa intensidade foi, concretamente, de 2,3, 2,6 e 2,4, respectivamente, segundo rexistrou o IGN.
The Guardian dedicoulle unha completa reportaxe fotográfica, con imaxes de Miguel Riopa, ao Domingo Fareleiro de Xinzo da Limia (Galicia’s Floury Sunday), que tivo lugar a pasada fin de semana.
A xuíza Pilar de Lara dá por rematada a instrución da causa derivada da Operación Pokémon que se centrou na Confederación do Miño-Sil e o seu ex-presidente socialista Francisco Fernández Liñares por manipular ofertas e beneficiarse de regalos. A maxistrada pide ás partes que presenten as súas propostas para a apertura do xuízo oral.