Na Cadena SER, o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, asegura non detectar contradición coa Constitución no matrimonio entre persoas do mesmo sexo, malia que o PP o recorreu. Admite que a súa intención é culminar unha "contrarreforma" da Lei do Aborto, mantén a intención de implantar a cadea perpetua revisable e equipara o papel histórico de Pablo Iglesias, fundador do PSOE, e Manuel Fraga.
Fálase
Increméntase a intensidade dos ataques do exército Sirio na cidade de Homs, onde Al-Jazeera informa que hai "ducias de mortos". Mentres, o ministro ruso de exteriores visita Damasco para pedirlle reformas a Al-Assad.
O investimento publicitario só aumentou en Internet durante 2011 e os expertos agardan que en 2012 aconteza o mesmo. En La Información
O Tribunal Constitucional declara "ilexítimo" por vez primeira o uso de cámaras ocultas, denegándolle o amparo a televisión valenciá, Canal9
Luís Tosar recibe o Premio Gaudí -os galardóns do cinema catalán- ao mellor protagonista masculino por Mientras duermes. Cóntao Vilaweb
O Parlamento reinicia hoxe completamente o curso parlamentario. A Xunta de Portavoces preparara esta mañá o primeiro pleno de 2012. Ningún dos voceiros que comezou a lexislatura está xa á fronte dos seus grupos.
Un grupo de obreiros das empresas de construción naval de Ferrol e Fene iniciaron ás nove da mañá unha marcha que os levará á Coruña, onde o xoves se manifestarán diante da delegación do Goberno. Ao mediodía estarán en Pontedeume e pola noite en Miño.
Falece o pintor e escultor Antoni Tàpies aos 88 anos. O diario Ara realiza un percorrido pola súa vida e obra.
Executiva do BNG: Ana Pontón, nova voceira parlamentaria do Bloque. Substitúe no cargo a Carlos Aymerich.
Hoxe tamén é o Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina. Un grupo de estudo da Universidade Autónoma de Barcelona calcula que, só no Estado español, arredor de dez mil nenas corren o risco de seren vítimas desta práctica.