O investimento publicitario só aumentou en Internet durante 2011 e os expertos agardan que en 2012 aconteza o mesmo. En La Información
Fálase
O Tribunal Constitucional declara "ilexítimo" por vez primeira o uso de cámaras ocultas, denegándolle o amparo a televisión valenciá, Canal9
Luís Tosar recibe o Premio Gaudí -os galardóns do cinema catalán- ao mellor protagonista masculino por Mientras duermes. Cóntao Vilaweb
O Parlamento reinicia hoxe completamente o curso parlamentario. A Xunta de Portavoces preparara esta mañá o primeiro pleno de 2012. Ningún dos voceiros que comezou a lexislatura está xa á fronte dos seus grupos.
Un grupo de obreiros das empresas de construción naval de Ferrol e Fene iniciaron ás nove da mañá unha marcha que os levará á Coruña, onde o xoves se manifestarán diante da delegación do Goberno. Ao mediodía estarán en Pontedeume e pola noite en Miño.
Falece o pintor e escultor Antoni Tàpies aos 88 anos. O diario Ara realiza un percorrido pola súa vida e obra.
Executiva do BNG: Ana Pontón, nova voceira parlamentaria do Bloque. Substitúe no cargo a Carlos Aymerich.
Hoxe tamén é o Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina. Un grupo de estudo da Universidade Autónoma de Barcelona calcula que, só no Estado español, arredor de dez mil nenas corren o risco de seren vítimas desta práctica.
A prima de risco de Portugal volveu subir este mércores por riba dos 1.150 puntos básicos. Este indicador reflicte o sopreprezo que ten que pagar o Estado luso para colocar a súa débeda soberana respecto de Alemaña
Dous anos de sanción para Contador. Perde os triunfos no Tour 2010 e o Giro 2011 e non poderá correr o Tour deste ano, ademáis dos Xogos Olímpicos de Londres.