Dous anos de sanción para Contador. Perde os triunfos no Tour 2010 e o Giro 2011 e non poderá correr o Tour deste ano, ademáis dos Xogos Olímpicos de Londres.
Fálase
Enquisa CIS: No referido ao voto estimado, o PP perde, cun 42,7 %, dous puntos a respecto das eleccións xerais, aínda que segue a unha notable distancia do PSOE, de 14,7 puntos. O inquérito adxudícalle ao BNG un 0,5 %, fronte ao 0,7% que obtivo nos comicios do 20N.
Enquisa CIS: O PP mantense nunha intención de voto do 30,5%. O PSOE sobe lixeiramente algo menos dun punto e queda no 18,2% dos enquisados. O BNG perde dúas décimas e a enquisa outórgalle o 0,2% estatal.
Na súa toma de posesión como presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar subliñou que o seu nomeamento contou co "apoio inequívoco" da "dirección autonómica" do PPdeG. No acto estaba presente Alfonso Rueda.
A política europea de Alemaña comeza a ser cuestionada abertamente. Os detalles, en La Vanguardia.
O paro e os "problemas de índole económica", as dúas principais preocupacións para os españois segundo a enquisa do CIS. Medra o medo a perder o posto de traballo e a un empeoramento da situación económica e laboral
A conselleira catalá de Educación advirte de que, se o Goberno central implanta a "educación constitucional" nas aulas, a Generalitat impartirá "educación estatutaria". En Vilaweb
A Xunta subliña que os Telexornais da TVG "non se fan" segundo "os caprichos e querencias" do PPdeG. Nunha resposta parlamentaria ao PSdeG
Manuel Baltar xa é presidente da Deputación de Ourense. Na web da institución preséntase asegurando que "somos un país orgulloso do propio".
Falece Domingos Dosil, ex alcalde de Muros polo BNG e un dos principais impulsores de Cogami, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade