Xoán Bascuas será ratificado como candidato de Compromiso por Galicia á Presidencia da Xunta nos próximos minutos. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Xoán Bascuas, Rafael Cuiña, Xosé Manuel Pérez Bouza e Iván Marrube, elixidos cabezas de lista de CxG para o 21-O
As dúas principais institucións do país inclúen mañá actos relixiosos nas súas axendas oficiais. Na da Xunta figura a asistencia do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, á misa do barrio de Covadonga, en Ourense. Pola súa banda, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, acudirá á procesión das mortallas da Pobra do Caramiñal, na honra do Divino Nazareno, patrón da vila.
Equo Galicia manifesta "a súa satisfacción" polas "coincidencias programáticas" con Anova e Esquerda Unida e agarda "poder facer realidade nas vindeiras horas" a súa incorporación a Alternativa Galega de Esquerda
A esta hora desenvólvense as votacións na convención de primarias de Compromiso por Galicia, no Auditorio de Galicia, en Compostela. En primeiro termo a formación elixe os seus cabezas de lista provinciais e, a continuación, o candidatou ou candidata á Presidencia da Xunta.
Esta fin de semana o presidente e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, e o cabeza de cartel dos socialistas, Pachi Vázquez, viaxan á Arxentina e ao Uruguai para celebraren actos electorais dos seus partidos.
Unha histórica manifestación das esquerdas esixelle a Rajoy que someta os seus recortes a referendo. A marcha, na que participaron centos de milleiros de persoas, chegou á praza de Colón. Os organizadores calculan unha asistencia dun millón de persoas. A delegación do Goberno uns 65.000.
Mario Conde presentarase ás eleccións galegas baixo a marca Sociedad Civil y Democracia. Ratificárono cun aplauso no acto que se celebra no Palacio de Congresos de Santiago, onde o ex banqueiro e ex convicto pronuncia un discurso no que imitou o acento galego en varias ocasións. Apóiano dende a bancada, entre outros, o escritor Alfredo Conde ou a presidenta da asociación Galicia Bilingüe. Máis información, hoxe en Praza. (foto: @madeiradeuz)
O conselleiro da Presidencia e xefe de campaña do PP, Alfonso Rueda, anuncia a súa intención de reunirse "esta semana" co PSdeG e co BNG para organizar os debates electorais, que se celebrarán na TVG
Milleiros de persoas marchan polas rúas de Madrid en protesta polos recortes e esixindo un referendo para decidir sobre a súa aplicación. O diario El País ofrece sinal directo dos actos finais da mobilización.