O IGVS rexeita a solicitude urxente de vivenda de Elisabeth Sanlés "porque sen discutir a precariedade da súa situación, non é quen de acadar unha singularidade tal que permita diferenciala da que están a padecer a meirande parte dos outros cinco mil demandantes de vivenda de promoción pública da provincia". Stop Desafiuzamentos lembra que en Galicia hai 300.000 vivendas baleiras.
Fálase
A Policía Nacional sanciona a vítimas do franquismo que protestaban nas inmediacións da Audiencia Nacional durante a declaración de dous presuntos torturadores. Activistas a prol da memoria histórica denuncian intimidacións dos axentes durante a protesta. Recólleo Público.es
O goberno local de Fene (PP) coloca un retrato do rei no medio dunha instalación de homenaxe ás corporacións municipais republicanas. Advertiuno o voceiro municipal do PSdeG, Iván Puentes.
A Mesa pedirá ao Valedor amparo ante as "discriminacións ao galego" do Goberno español e levará o caso ao Consello de Europa tras o rexeitamento dunha bolsa de estudo por presentar o certificado de estudos na lingua propia.
Luis Rubido podería ser o novo alcalde de Cedeira, substituíndo o seu irmán Leopoldo, que esta mañá formalizou a súa renuncia. Leopoldo Rubido gobernou o concello 32 dos últimos 40 anos, dende 1973.
A Eurocámara votará as recomendacións sobre a contaminación nas rías galegas o vindeiro 16 de decembro. Ao borrador final do texto presentáronse 84 emendas. Máis información, hoxe en Praza.
España, Grecia e Romanía, os estados da UE con máis poboación en risco de pobreza. O 22% dos españois están ameazados pola pobreza, cinco puntos máis que a media europea e só un menos que gregos e romaneses.
El Diario analiza "por que a lei Wert non vai solucionar as malas notas de PISA". Expertos sinalan que a LOMCE non servirá para paliar as deficiencias educativas
A Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol premian co Enxeñeiro Comerma unha enxeñeira de 24 anos por un método sobre quimioterapia que desenvolve no MIT
Feijóo encoméndalle ao vicepresidente, Alfonso Rueda, o "despacho dos asuntos da Presidencia" ata o seu regreso da viaxe oficial a Cuba, que inicia hoxe.